From Wikipedia, the free encyclopedia
O paraíso fiscal é aquel territorio ou estado exento de impostos, ou con estes moi baixos. Nas zonas con tal apelativo, diferentes xurisdicións teñen tipos de impostos especialmente reducidos para atraer certas categorías de persoas e compañías.
Un xeito no que unha persoa ou compañía aproveita as características dun paraíso fiscal é trasladándose ou facéndose residente a efectos fiscais do mesmo. Outra forma é estabelecer unha entidade xurídica separada ou subsidiaria (unha compañía extraterritorial -offshore-, de de fideicomiso) ou fundación no territorio fiscal. Os activos transfírense á nova compañía ou entidade de maneira que os beneficios poidan ser realizados ou as rendas cobradas no paraíso fiscal.
Que esta forma de evasión de impostos non sexa sempre totalmente limpa depende da lexislación vixente dos países involucrados e das circunstancias particulares das compañías ou individuo implicados.
Moitos países (particularmente os membros do OCDE) teñen leis que dificultan aos seus residentes posuír unha compañía (ou realizar investimentos) nun paraíso fiscal sen pagar impostos nel ou no país no que residen. Por exemplo, os ingresos ou as ganancias procedentes dunha compañía extraterritorial ou de investimentos poden atribuírse para os efectos fiscais ao dono ou investidor baixo o réxime do CEC ou outras leis similares.
Moitos países teñen tratados fiscais bilaterais que evitan ao seus residentes pagar impostos dobres, pero poucos teñen tratados cos paraísos fiscais.
Os paraísos fiscais enumerados na lista publicada pola Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico (OCDE) o 12 de decembro de 2003 son:
As estatísticas indican que o sector bancario extraterritorial (offshore) é unha actividade máis que importante. Cálculos do FMI , baseadas en datos do BPI, sobre os centros financeiros extraterritoriais, estiman que os activos extraterritoriais incluídos nos seus balances xerais acadaron os 4,6 billóns de dólares a finais de xuño de 1999, o que supón case a metade dos activos extraterritoriais totais. Desta cantidade, 0,9 billóns estaban no Caribe, un billón en Asia e a maioría dos restantes 2,7 billóns correspondían aos centros financeiros internacionais, é dicir, Londres, aos servizos bancarios internacionais (IBF) estadounidense e ao mercado extraterritorial nipón (JOM).
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.