From Wikipedia, the free encyclopedia
Panther é o nome común dun carro de combate medio desenvolvido pola Alemaña Nazi na segunda guerra mundial dende mediados de 1943 ata o fin da guerra en Europa en 1945. Pretendíase que contrarrestase ao T-34 soviético, ademais de ser o substituto dos Panzer III e Panzer IV. Nunca substituíu a este último, e combateu xunto con el e co máis pesado Tiger ata o final da guerra. A excelente combinación do Panther de potencia de fogo, mobilidade e protección serviu como punto de referencia para deseños de carros de combate doutras nacións nos últimos anos da guerra e tras ela, e está considerado como un dos mellores carros de combate da segunda guerra mundial[1].
Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión.
Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. (Desde xaneiro de 2023) |
Panther | |
---|---|
Tipo | carro de combate medio |
Orixe | Alemaña |
En servizo | 1943 - 1945 (coa Alemaña Nazi) |
Guerras | Segunda guerra mundial |
Deseñado | 1942 |
Fabricante | MAN, Daimler-Benz, MNH |
Construídos | ao redor de 6.000 |
Anchura | 3.27 metros |
Altura | 2.99 metros |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Ata 1944 foi designado como o Panzerkampfwagen V Panther e a súa designación oficial era Sd.Kfz. 171. O 27 de febreiro de 1944, Hitler ordenou que o número romano V fose quitado do seu nome.
Equipaba o mesmo motor que o Tiger I, pero tiña unha mellor blindaxe frontal (incluído o beneficio dunha blindaxe inclinada, incrementando a súa efectividade), mellor penetración do canón, era máis lixeiro e polo tanto máis rápido, e podía atravesar terreos irregulares mellor que os Tigers. A súa desvantaxe era a blindaxe lateral máis débil. O Panther demostrou ser mortal en enfrontamentos en campo aberto e a longas distancias, pero vulnerable en combates a curta distancia. Ademais, o canón de 75 mm disparaba proxectís lixeiramente máis pequenos que o canón de 88 mm do Tiger, proporcionándolle menos potencia de fogo explosiva contra infantaría.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.