From Wikipedia, the free encyclopedia
O panceltismo[1][2] (en irlandés: Pan-Chelteachas, en galés: Pan-Geltaidd, en escocés: Pan-Cheilteachas), tamén coñecido como celtismo[3] ou nacionalismo celta, é un movemento político, social, cultural e pannacionalista que avoga pola solidariedade e a cooperación entre as nacións celtas (tanto das ramas dos gaels como britanos) do noroeste de Europa.[4] Algunhas organización panceltistas pulan pola secesión das nacións celtas do Reino Unido e Francia e que formen o seu propio estado federal independente, mentres que outras prefiren unha estreita colaboración entre nacións celtas soberanas e independentes na forma do nacionalismo irlandés, nacionalismo escocés, nacionalismo galés, nacionalismo bretón, nacionalismo córnico e nacionalismo manx.
Ao igual que outros movementos pannacionalistas, como o paneslavismo, o panxermanismo, o turanismo, o paniranismo ou o panlatinismo, o movemento panceltista xurdiu durante o nacionalismo romántico, e especificamente no rexurdimento celta. O movemento panceltista foi máis prominente durante os séculos XIX e XX (entre os anos 1838 e 1939). Algúns dos primeiros contactos do panceltismo tiveron lugar a través de Gorsedd e Eisteddfod, e o Congreso celta anual comezou a celebrarse en 1900. Dende entón, a Liga Céltica converteuse na organización máis importante do panceltismo político. As súas iniciativas céntranse en gran medida na cooperación cultural celta, como os festivais de música, arte e literatura, que adoitan chamarse "interceltas".
Existe certa controversia arredor do termo celtas. Un exemplo disto foi a "Crise galega" da Liga Céltica,[4] que xerou un debate sobre se Galicia debía ser admitida como membro da organización. Finalmente a súa aplicación foi rexeitada en base a que en Galicia non se fala no presente unha lingua celta.[4]
Algúns austríacos afirman que teñen unha herdanza celta que se romanizou baixo o dominio romano e logo foi xermanizado despois das invasións xermánicas.[5] Austria é o lugar onde se rexistrou a primeira cultura caracteristicamente celta que existiu.[5] Logo da anexión de Austria pola Alemaña nazi en 1938, en outubro de 1940 un escritor do Irish Press entrevistou ao físico austríaco Erwin Schrödinger que falou da herdanza celta dos austríacos dicindo "Creo que existe unha conexión máis profunda entre nós, os austríacos e os celtas. Dise que os nomes de lugares nos Alpes austríacos son de orixe celta."[6] Os austríacos contemporáneos expresan orgullo por ter herdanza celta e Austria posúe unha das maiores coleccións de artefactos celtas de Europa.[7]
Organización como o Congreso celta e a Liga Céltica usan a definición de que unha "nación celta" é aquela cunha historia recente de tradición lingüística celta.[4]
O celtismo comeza a tomar forma a mediados do século XVII co nacemento dun movemento literario coñecido coma Rexurdimento celta que se estendeu por boa parte de Europa. Este movemento cultural foi mudando co decorrer do tempo e as situacións sociopolíticas de Europa e pervive en maior ou menor grao ata os días de hoxe.[8]
No ano 1746 prodúcese a derrota dos xacobitas na Batalla de Culloden. Este é o punto de inflexión para o nacemento do que se deu en coñecer como Rexurdimento celta.
No ano 1762 James Macpherson publica Fragments of Ancient Poetry Collected in the Highlands of Scotland, and Translated from the Gaelic or Erse Language (Fragmentos de poesía antiga recollidos nas Terras Altas de Escocia, e traducidas do gaélico ou Erse). En 1762 sae do prelo Fingal e en 1763 Temora. Estas dúas obras foron invencións de supostas traducións dos poemas épicos en gaélico dun poeta chamado Ossian.
Non tardan en sumarse poetas doutras zonas da Europa atlántica. Un claro exemplo son as obras de poesía galesa publicadas por Ieuan Brydydd en 1764; tamén cultiva este xénero literario o inglés Thomas Gray en obras como Elexía sobre un cemiterio de aldea e O bardo.
Coa chegada do século XIX o que viña sendo un movemento literario convértese nun movemento político, social e cultural; tinguido todo el do carácter romántico que se estendía dende Alemaña ao resto da Europa occidental.
Publicáronse moitas traducións de obras das literaturas celtas, especialmente, os Mabinogion (Charlotte Guest, 1838-1849), o Barzaz Breiz e Os Bardos bretóns do século VI (Hersart de la Villemarqué, 1839-1850). En 1854 Ernest Renan publicou A Poesía das razas celtas, un estudo moi influente e en 1865 e 1866 Mathew Arnold pronunciou unha serie de conferencias sobre a literatura celta en Oxford que vinculaba todas as literaturas celtas e contribuíu a promover a creación da cátedra de Celta nesta universidade en 1877.
Durante o s.XIX moitos escritores ingleses empregaron a temática celta, como Thomas Love Peacock, Tennyson e Gerard Manley Hopkins. En Escocia destacaron William Black e William Sharp (este co pseudónimo de Fiona Macleod). O rexurdimento foi especialmente vigoroso en Irlanda, con autores como W.B. Yeats, "AE" (pseudónimo de George William Russell), Oliver St John Gogarty, Sean O'Casey e James Stephens. En Irlanda recibiu o nome de "Lusco-fusco celta".[9]
En Galiza, o maior representante do celtismo foi Eduardo Pondal. Na súa orixe en Galiza está o historiador ilustrado José Verea y Aguiar. É mito fundador de Galiza para Vicetto, Murguía, Castelao e a Xeración Nós e dentro da Xeración Nós, na arqueoloxía, Florentino López Cuevillas. Na década dos 70 do século XX desenvólvese unha crítica desde a academia, rexurdindo nos 90 un neoceltismo na investigación.[13]
·(...)Primeiramente, a existencia dunhas relacións de orde xeográfica, histórica, política, literaria, e aínda, ás veces, romántica, sentimental e utópica (falamos neste caso das referencias feitas sobre a Celtia, esta comunidade que ó mellor nunca existiu nin chegará a existir nunca e que agruparía a Bretaña, Irlanda, Gales, Escocia, Galicia, Cornualla e a illa de man)..."Introdución da obra Fala o fistor e fáise o dia
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.