futbolista español From Wikipedia, the free encyclopedia
Pablo Álvarez Núñez, coñecido como Pablo Álvarez, nado en Oviedo o 14 de maio de 1980, é un exfutbolista galego-asturiano. Desenvolveu a súa carreira deportiva principalmente entre o Lugo, o Sporting de Gijón e o Deportivo da Coruña. Xogou coas seleccións galega e asturiana de fútbol.
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 14 de maio de 1980 (44 anos) Oviedo, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Datos persoais | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
País de nacionalidade | España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 174 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1998 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Lingua | Lingua castelá | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | Major League Soccer | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Centrocampista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Naceu en Oviedo e criouse en Lugo, cidade na que comezou a xogar ao fútbol sala no colexio dos Franciscanos, onde tamén practicou atletismo.[1] En idade benxamín entrou na canteira do Lugo, na que estivo ata 1998, xogando co equipo xuvenil na División de Honra.[2]
En 1998 recibiu unha chamada do Sporting de Gijón para entrar na súa canteira, polo que regresou a Asturias.[2] No seu primeiro ano no club compaxinou o xuvenil co filial, o Sporting B, co que debutou na Segunda División B nun partido contra o Oviedo B. Xogou dúas tempadas máis no filial e na 2000/01 debutou co primeiro equipo na Segunda División, nun partido contra o Betis no Molinón no que entrou como substituto de Blin na segunda parte. Na seguinte xornada xogou como titular na Malata contra o Racing de Ferrol e logrou o seu primeiro gol na categoría.
Na tempada seguinte xa formou parte plenamente do primeiro equipo, co que disputou 39 partidos, 32 deles como titular, e marcou cinco tantos. No club asturiano coincidiu con David Villa e contabilizou 168 encontros e 27 goles ata 2006.
Antes do remate da tempada 2005/06 chegou a un acordo co Deportivo da Coruña para a súa fichaxe para a seguinte tempada. Con todo, xogando aínda co Sporting, rompeu a tibia e o peroné nun partido contra o Lleida, o que alonxou dos terreos de xogo durante nove meses. Puido debutar finalmente co equipo de Joaquín Caparrós en xaneiro de 2007, nun partido de cuartos de final da Copa do Rei contra o Valladolid, onde xogou como titular, marcando un gol. Na seguinte campaña, con Miguel Ángel Lotina no banquiño, apenas contou con minutos e seguiu sen participar en moitos dos partidos.
Antes do remate da tempada 2005/06 chegou a un acordo co Deportivo da Coruña para a súa fichaxe para a seguinte tempada. Con todo, xogando aínda co Sporting, rompeu a tibia e o peroné nun partido contra o Lleida, o que o afastou dos terreos de xogo durante nove meses.[3] Puido debutar finalmente co equipo de Joaquín Caparrós en xaneiro de 2007, nun partido de cuartos de final da Copa do Rei contra o Valladolid, onde xogou como titular, marcando un gol. Catro días despois estreouse na Primeira División, nun partido contra o Mallorca en Riazor, no que entrou como substituto de Riki. Na seguinte campaña, con Miguel Ángel Lotina no banquiño, apenas contou con minutos, polo que no mercado de inverno saíu cedido ao Racing de Santander,.[4]
Co Racing marcou o seu primeiro gol en Primeira División. Foi o 13 de xaneiro de 2008, fronte ao CA Osasuna no estadio Reyno de Navarra. O 7 de maio, no partido fronte ao Sevilla FC, sufriu unha fractura do óso malar que lle impidiu xogar o resto da temporada.
Na tempada 2008–09 regresou ao Deportivo da Coruña, onde militou durante os seguintes tres anos, superando os 100 partidos e debutando na Copa da UEFA contra o Aalborg. Na tempada 2010/11 formou parte do equipo que acabou descendendo a Segunda División dúas décadas despois, logrando ascender de novo na campaña seguinte con Oltra no banco e con récord de puntos (91).
Para a tempada 2012/13 regresou ao Lugo,[5] na volta do club á Segunda División. No seu primeiro ano formou parte habitual do once de Quique Setién, chegando a xogar 31 partidos e marcar 4 goles. Na seguinte tempada por mor das lesións tan só xogou 16 partidos. Ao finalizar a campaña, tras acabar o seu contrato co club lucense, asinou polo Langreo, equipo nese ano recentemente ascendido á Segunda División B.[6]
Alí permaneceu ata decembro, cando decidiu probar co New York City FC da Major League Soccer (MLS) estadounidense, equipo no que xogaba o seu amigo e excompañeiro David Villa. Finalmente asinou contrato o 6 de marzo de 2015,[7] e alí compartiu equipo ademais de con Villa con outras estrelas como Pirlo e Lampard, e co tamén galego Angeliño.[8]
Tras unha breve cesión ao Wilmington Hammerheads, regresou a Asturias, e en maio de 2016 volveu fichar polo Langreo, co que xogou na Terceira División.[9] Nas dúas seguintes tempadas xogou co Llanera, tamén en Terceira, club no que colgou as botas en 2018.[10]
Vencellado tanto a Asturias, onde naceu, como a Galiza, onde se criou, afirmou en numerosas ocasións sentirse galego e asturiano, motivo polo que xogou coas dúas seleccións.[11][12] Estreouse coa selección asturiana nun partido contra Lituania no Molinón o 29 de decembro de 2001 (6-1),[13] e coa galega exactamente catro anos despois, contra o Uruguai en San Lázaro (3-2).[14] Disputou dous partidos máis co combinado galego, contra o Camerún en 2007 e contra Irán en 2008.
É fillo de Concha Núñez e do perito agrónomo Adalberto Álvarez, fundador da empresa Calfensa e profesor na Escola Politécnica Superior de Lugo.[15][16] No ano 2008 adheriuse á campaña Doi la cara pola oficialidá, en favor do recoñecemento do asturiano como cooficial de Asturias.[17]
Ano | Club | División | Partidos | Goles |
---|---|---|---|---|
1998-1999 | Sporting B | Segunda B | 7 | 0 |
1999-2000 | Sporting B | Segunda B | 18 | 1 |
2000-2001 | Sporting B | Segunda B | 27 | 5 |
2000-2001 | Sporting | Segunda | 4 | 1 |
2001-2002 | Sporting | Segunda | 35 | 3 |
2002-2003 | Sporting | Segunda | 25 | 2 |
2003-2004 | Sporting | Segunda | 35 | 7 |
2004-2005 | Sporting | Segunda | 35 | 4 |
2005-2006 | Sporting | Segunda | 27 | 8 |
2006-2007 | Deportivo | Primeira | 7 | 0 |
2007 | Deportivo | Primeira | 1 | 0 |
2008 | R. de Santander | Primeira | 18 | 1 |
2008-2009 | Deportivo | Primeira | 21 | 2 |
2009-2010 | Deportivo | Primeira | 28 | 2 |
2010-2011 | Deportivo | Primeira | 17 | 1 |
2011-2012 | Deportivo | Segunda | 11 | 0 |
2012-2013 | Lugo | Segunda | 31 | 4 |
2013-2014 | Lugo | Segunda | 16 | 0 |
2014 | Langreo | Segunda B | 12 | 0 |
2015 | New York City | MLS | 8 | 0 |
2015 | Hammerheads | USL | 3 | 0 |
2016 | Langreo | Terceira | 2 | 1 |
2016-2017 | Llanera | Terceira | 19 | 2 |
2017-2018 | Llanera | Terceira | 33 | 8 |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.