futbolista galego From Wikipedia, the free encyclopedia
José Ángel Esmorís Tasende, coñecido como Angeliño, nado en Silván[1] (Erbecedo, Coristanco) o 4 de xaneiro de 1997, é un futbolista galego que xoga de lateral esquerdo na Roma, da Serie A italiana. Formado nas canteiras do Bergantiños e do Deportivo da Coruña, desenvolveu a súa carreira como profesional en clubs de sete países diferentes, vestindo as camisetas de Manchester City, New York City, Girona, Mallorca, NAC Breda, PSV Eindhoven, RB Leipzig, Galatasaray e Roma.
(2020) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | (es) José Ángel Esmorís Tasende 4 de xaneiro de 1997 (27 anos) Silván (España) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Datos persoais | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Outros nomes | Angeliño | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
País de nacionalidade | España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 171 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 69 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2014 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Lingua | Lingua castelá, lingua galega e lingua inglesa | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | Major League Soccer, Segunda División Española, Eredivisie, Premier League, Fußball-Bundesliga, Süper Lig e Lega Calcio Serie A | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Lateral e extremo centrocampista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Número deportivo | 3 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Familia | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Irmáns | Daniel Esmorís Tasende | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
É irmán do tamén futbolista Dani Tasende.
Angeliño uniuse ó Deportivo da Coruña en 2007 con dez anos de idade, tras comezar a xogar ó fútbol nas Escolas de Fútbol Luís Calvo Sanz do Bergantiños.[2][3] Ocupou varias posicións comezando de porteiro, ata que no Deportivo asentouse definitivamente como lateral esquerdo.[4] Xogou durante seis anos nas categorías inferiores do club herculino.
O 8 de xullo de 2012 asinou un contrato de catro anos co Manchester City, facéndose efectivo en xaneiro do ano seguinte.[5] Inicialmente asignado ó equipo sub-18, xogou regularmente co equipo de reservas na Premier League sub-21 con só dezaseis anos.[6] Co club inglés disputou a Liga Xuvenil da UEFA, onde foi elixido no once ideal.[7][8]
0 2 de decembro de 2014 foi convocado como suplente do primeiro equipo por Manuel Pellegrini no partido que gañou o Manchester City por 1–4 no campo do Sunderland.[9]
Foi cedido ó New York City FC en 2015.[10] Debutou co equipo profesional o 12 de xullo de 2015 no empate 4–4 contra o Toronto FC.[11] O seu primeiro partido como titular foi contra o New England Revolution, xogando os 90 minutos.[12] Co equipo neoiorquino xogou un total de 14 partidos e deu 4 asistencias.
Tras rematar a súa cesión volveu a Manchester, onde continuou xogando na Premier League sub-21. Ademais o 30 de xaneiro de 2016 debutou co primeiro equipo na vitoria na casa do Aston Villa por 0–4 nunha eliminatoria da FA Cup, substituíndo a Clichy no minuto 81.[13] Ese mesmo ano debutou en competición europea da man do adestrador Pep Guardiola, nun partido de clasificación para a Liga de Campións, no que o seu equipo venceu ao Steaua Bucarest no Etihad Stadium.[14]
A finais de decembro de 2016 foi presentado como novo xogador do Girona en calidade de cedido,[15] pero só un mes despois, e sen chegar a debutar por mor de desacordos entre o Girona e o City, deixou o equipo, sendo cedido ao Mallorca.[16][17] No equipo balear xogou 17 partidos e viviu o descenso á Segunda División B ao final da tempada.[18]
Na tempada 2017/18 xogou no NAC Breda na Eredivisie, a primeira división do fútbol neerlandés. No equipo de Breda disputou de xeito íntegro todos os partidos de liga e copa, anotou tres goles, deu seis asistencias, foi elixido catro veces "talento do mes" e finalmente foi incluído no once ideal da propia liga.[19] As súas boas actuacións fixeron que o PSV Eindhoven lle ofrecese ao City sete millóns de euros polo seu traspaso.[20]
No PSV foi titular indiscutible durante toda a tempada 2018/19, disputando de inicio todos os partidos da liga neerlandesa e da Liga de Campións. Nesta última competición debutou o 18 de setembro de 2018, na derrota por 4-0 do seu equipo fronte ao FC Barcelona no Camp Nou. En total entre as dúas competicións anotou un gol e repartiu once asistencias, logrando finalmente o subcampionato de liga.[21]
O seu rendemento nos Países Baixos fixo que Txiki Begiristain, director deportivo do Manchester City, o volvese chamar para o club adestrado por Guardiola, exercendo en xullo de 2019 a opción de recompra que mantiñan. Asinou un contrato por catro anos.[21] Un mes despois da súa chegada gañou o seu primeiro título, a FA Community Shield, despois de derrotar o Liverpool, aínda que Angeliño quedou no banco durante o partido disputado no Wembley Stadium. No club inglés dispuxo de poucos minutos, disputando só seis partidos de liga na primeira metade da tempada 2019/20, polo que en xaneiro foi cedido ao RB Leipzig alemán.[22]
Cando Angeliño chegou ao Leipzig a metade de tempada, este ocupaba a primeira posición da táboa na Bundesliga.[22] Disputou case todos os partidos como titular e anotou un gol na vitoria do seu equipo fronte ao FC Schalke 04 por 0-5.[23] Finalmente remataron a liga en terceira posición. O 13 de agosto de 2020 no Estádio José Alvalade de Lisboa, Angeliño deulle a Tyler Adams a asistencia para facer o segundo e definitivo gol fronte ao Atlético de Madrid e meter ao Leipzig nunhas semifinais da Liga de Campións, só 11 anos despois da fundación do club.[24][25]
O 8 de setembro o RB Leipzig anunciou que o futbolista xogaría como cedido no club alemán outra tempada máis.[26] O 20 de outubro, no primeiro partido do seu equipo na Liga de Campións 2020-21, Angeliño marcou dous goles na vitoria por 2-0 sobre o İstanbul Başakşehir FK, debutante na competición.[27] En decembro liderou o seu equipo na vitoria por 3-2 fronte ao Manchester United, cun gol e dúas asistencias que clasificaron ao club alemán para oitavos de final e deixaron fóra ao equipo de Solskjær.[28]
O 12 de febreiro de 2021 Angeliño cumpriu fronte ao FC Augsburg o número de partidos estipulado no contrato para que o Leipzig tivera que facer efectiva obrigatoriamente a opción de compra sobre o xogador. Deste xeito o futbolista galego quedou desvinculado do Manchester City, sendo traspasado ao club alemán por 18 millóns de euros.[29][30] Rematou a liga como subcampión, mentres que na Liga de Campións o equipo caeu en oitavos de final ante o Liverpool, eliminatoria cuxo partido de volta Angeliño non puido xogar por mor dunha lesión muscular.[31] Mantivo unha tensa relación durante a parte final da tempada co adestrador Julian Nagelsmann, que se pechou coa non inclusión do futbolista na convocatoria para a final da Copa de Alemaña,[32] que o seu equipo acabou perdendo fronte ao Borussia Dortmund de Erling Haaland.[33]
Na tempada 2021/22 o equipo quedou cuarto na Bundesliga e quedou eliminado da Liga de Campións na fase de grupos, na que que acabou terceiro. Pasou así á Europa League, competición na que acadou as semifinais. No partido de ida, Angeliño marcou o único gol do partido ante o Rangers (1-0),[34] pero o equipo escocés remontou no encontro de volta no Ibrox Stadium, privando o equipo alemán da súa primeira final europea.[35] En maio de 2022 conquistou a DFB-Pokal, o primeiro título na historia do club, aínda que non chegou a saltar ao campo na final ante o Freiburg.[36]
No verán de 2022 o Leipzig incorporou ao internacional alemán David Raum para o lateral esquerdo, polo que Angeliño quedou sen sitio no equipo. Saíu entón cedido ao Hoffenheim, da mesma liga.[37] Disputou 35 encontros co club de Baden-Württemberg, repartindo 12 asistencias e marcando un tanto na goleada por 5-1 sobre o Schalke 04 en partido de Copa,[38] e acabou a liga na 12ª posición.
Para a tempada 2023/24 volveu saír cedido, desta vez ao Galatasaray, converténdose así no segundo futbolista galego en xogar na Süper Lig turca, despois do vilagarcián Dani Abalo.[39] Debutou co seu novo equipo o 25 de xullo, nun partido da fase previa da Liga de Campións ante o Žalgiris lituano e un mes despois marcou o seu primeiro gol, na mesma competición e diante do Molde noruegués, facendo de libre directo o gol da vitoria no tempo de desconto (2-1), triunfo co que o conxunto turco certificou a súa clasificación para a fase de grupos do máximo torneo continental.[40] Foi titular durante as seguintes semanas, pero acabou perdendo o seu oco no once titular en favor de Barış Alper Yılmaz, considerando o técnico Okan Buruk que o internacional turco contaba con mellores habilidades defensivas.[41]
O 12 de decembro xogou ante o Copenhague o seu 19º partido co Galatasaray. O seu contrato co club contiña unha cláusula pola que o Galatasaray debía exercer obrigatoriamente a súa opción de compra sobre o xogador disputaba 20 encontros. Sen intención de pagar o seu traspaso, o club non volveu aliñar o futbolista galego, que deixou Istambul no mercado invernal.[41]
Trala súa saída do Galatasaray, o RB Leipzig cedeuno de novo, desta vez á Roma, sendo unha petición expresa do novo adestrador do club, Daniele De Rossi, que viña de substituír ao cesado José Mourinho.[42] No club romano competiu polo posto co internacional italiano Spinazzola, co que alternou as titularidades no lateral esquerdo. O seu bo rendemento fixo que a Roma exercese a súa opción de compra sobre o xogador, que pasou a ser propiedade do club italiano o 31 de maio de 2024.[43]
En novembro de 2013 debutou coa selección española sub-20 nun partido contra Alemaña.
O 20 de maio de 2016 xogou de titular coa selección galega un partido amigable no estadio de Riazor contra a selección de Venezuela, que rematou con empate a un gol.
O seu irmán máis novo, Dani Tasende, formouse tamén na canteira do Bergantiños e xoga no Villareal B da Primeira División RFEF.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.