Remove ads
república caucásica da Federación Rusa From Wikipedia, the free encyclopedia
Osetia do Norte-Alania[1] ás veces tamén escrito Ossetia do Norte-Alania,[2] (en ruso Респу́блика Се́верная Осе́тия–Ала́ния, Respúblika Sevèrnaia Osètia-Alània; en oseto Цӕгат Ирыстоны Аланийы Республикӕ, Căgat Irystony Alanijy Respublikă) é unha república caucásica da Federación Rusa. Ten unha extensión de 8.000 km² e unha poboación de 678.600 habitantes (2000). A súa capital é Vladikavkaz (en oseto Дзæуджыхъæу ("Dzæudjyqæu") «Vila (asentamento) dos Dzaus ou Dzaugas». Os osetos falan unha lingua próxima ó persa chamada oseto, alano ou iratí. Existe tamén en Xeorxia outra república de osetos denominada Osetia do Sur, ademais dalgún municipio ao sur de Xeorxia.
Республика Северная Осетия-Алания (ru) Цæгат Ирыстон (os) | |||||
Himno | Himno de Ossetia do Norte-Alania | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Rusia | ||||
Capital | Vladikavkaz (pt) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 678.879 (2024) (85 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua rusa Lingua oseta | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 7.987 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 9 de novembro de 1993 | ||||
Organización política | |||||
• Presidente | Sergei Menyailo (pt) (2021–) | ||||
Órgano lexislativo | Parliament of North Ossetia–Alania (en) , | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | RU-SE | ||||
Identificador OKTMO | 90000000 | ||||
Identificador OKATO | 90 | ||||
Sitio web | rso-a.ru |
O territorio de Osetia do Norte, unha rexión agrícola moi fértil e parte dunha ruta comercial clave a través das montañas do Cáucaso, estivo habitado durante moitos anos por tribos Vainakh. Os antepasados dos actuais osetos, os alanos, eran un pobo de lingua persa, nómades e belicosos, que se instalaron no Cáucaso arredor do século VII. Dous séculos máis tarde foron cristianizados polos misioneros bizantinos, e estableceuse o arcebispado de Alania Occidental, baixo a autoridade do Patriarcado de Constantinopla.
Alania foi asemade un reino forte no Cáucaso, que se beneficiou en gran parte da famosa Ruta da Seda cara á China, que pasaba a través do seu territorio. Dende a Idade Media, Alania foi moi codiciada polos seus inimigos e coñeceu numerosas invasións. As dos mongois e dos tártaros no século XIII decimaron a poboación, que entón xa recibía o xentilicio de osetos (que ven a través da lingua xeorxiana e que pasa ao ruso, e de aí ao restos das linguas occidentais). No século XVII introduciuse o islam. As incursións do Xanato de Crimea e do Imperio Otomán forzaron a Osetia/Iristán a unha alianza con Rusia no século XVIII.
En 1806 Osetia/Iristán era xa a primeira grande área do Cáucaso que vai estar baixo dominación rusa, iniciada coa fundación de Vladikavkaz como o primeiro encrave militar ruso.
A chegada dos rusos acelera o desenvolvemento da rexión, co establecemento de industrias e a construción de conexións viarias para rematar co illamento de Osetia/Iristán. A nomeada Estrada Militar de Xeorxia foi construída en 1799. De grande importancia foi tamén a construción dunha liña de ferrocarril entre Vladikavkaz e Rostov del Don(Rusia). A pesar da rusificación da cultura tradicional, a mellora das comunicacións vai estimular a cultura local: a finais do século XVIII imprimíronse os primeiros libros en oseto. A mediados do século XIX Osetia/Iristán pasou a formar parte da rexión rusa de Terskaia. Trala Revolución Rusa, Osetia do Norte forma parte da efémera República Soviética de Montaña (1921). O 7 de xullo de 1924 converteuse no oblast autónomo de Osetia do Norte e, o 5 de decembro de 1936, na República Socialista Soviética Autónoma de Osetia do Norte, dependente da República Socialista Federativa Soviética de Rusia.
Na segunda guerra mundial, a capital Vladikavkaz resistiu o ataque dos nazis e marca o extremo oriental da invasión. En 1944, Osetia do Norte incorporou o distrito de Prigorodni, á dereita do río Terek, que formara parte da RSSA de Chechenia-Inguxia, coa consecuencia de deportacións masivas de chechenos e inguxos que Stalin ordenou baixo a acusación de colaborar cos nazis. Co posterior retorno dos exiliados, o conflito territorial polo distrito de Prigorodni mantívose ata a actualidade.
A disolución da Unión Soviética trouxo tensións étnicas entre os osetos, que víronse divididos entre a República de Osetia do Norte - Alania (1991), na Federación Rusa, e Osetia do Sur, en territorio de Xeorxia. En decembro de 1990 Xeorxia aboliu a autonomía de Osetia do Sur, provocando unha fuxida de poboación local cara a Osetia do Norte, acentuando as tensións étnicas cos inguxios no distrito de Prigorodni. O conflito na veciña Chechenia tamén ten afectado bastante a Osetia do Norte, como se puxo de manifesto no asalto á escola de Beslan con máis de 300 vítimas civís.
A poboación oseta da república é fundamentalmente cristiá cunha minoría que practica uatsdin e o islam.
Segundo o Censo ruso (2002), os osetos son o 62.7% da poboación da república. Outros grupos inclúen ós rusos (23.2%), inguxios (3.0%), armenios (17,147, o 2.4%), kumyks (12,659, o 1.8%), xeorxiáns (10,803, o 1.5%), ucraínos (0.7%), chechenos (3,383, o 0.5%), e outras minorías cada unha delas de menos do 0.5% do total da poboación; na que hai que incluír os digoreses do distrito de Digora. 3,283 persoas (0.5%) non indicaron nacionalidade no censo.
censo 1926 | censo 1939 | censo 1959 | censo 1970 | censo 1979 | censo 1989 | censo 2002 | |
---|---|---|---|---|---|---|---|
Osetos | 128,321 (84.2%) | 165,616 (50.3%) | 215,463 (47.8%) | 269,326 (48.7%) | 299,022 (50.5%) | 334,876 (53.0%) | 445,310 (62.7%) |
Rusos | 10,063 (6.6%) | 122,614 (37.2%) | 178,654 (39.6%) | 202,367 (36.6%) | 200,692 (33.9%) | 189,159 (29.9%) | 164,734 (23.2%) |
Inguxos | 23 (0.1%) | 6,106 (1.9%) | 6,071 (1.3%) | 18,387 (3.3%) | 23,663 (4.0%) | 32,783 (5.2%) | 21,442 (3.0%) |
Ucraínos | 10,301 (6.8%) | 7,063 (2.1%) | 9,362 (2.1%) | 9,250 (1.7%) | 10,574 (1.8%) | 10,088 (1.6%) | 5,198 (0.7%) |
Outros | 3,727 (2.4%) | 27,806 (8.4%) | 41,031 (9.1%) | 53,251 (9.6%) | 58,051 (9.8%) | 65,522 (10.4%) | 73,591 (10.4%) |
A parte da capital Vladikavkaz, baixo xurisdición da república, Osetia do Norte está dividida nos seguintes distritos e as correspondentes capitais administrativas:
Malia ter o peso económico de acoller unha poboación de refuxiados importante, Osetia do Norte é a economía máis desenvolvida do Cáucaso Norte. É o territorio máis urbanizado e máis industrializado, con fábricas de metais (chumbo, cinc, tungsteno etc...), electrónica, produtos químicos e alimentos. A produción rural baséase sobre todo no gando, especialmente ovellas e cabras, e no cultivo de gran, froita e algodón.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.