Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os chechenos[10] (en checheno: Нохчий Noxçiy) son un grupo étnico do grupo nakh orixinario do norte do Cáucaso. Eles refírense a si mesmos como Vainakhs (que quere dicir "a nosa xente" en checheno) ou Nokhchiy (pronunciado [no̞xtʃʼiː]; singular Nokhchi, Nakhchuo ou Nakhtche. Os chechenos e os inguxos son coñecidos colectivamente como vainakh. A maioría dos chechenos viven na República de Chechenia, parte da Federación de Rusia.
Pobo checheno | |
---|---|
Homes chechenos no século XIX. | |
Poboación | |
Poboación total: 1,5[1] - 2 millóns[2] | |
Rexións principais: | |
Chechenia | 1 031 647[3] |
Turquía | 100 000[4][5] |
República dos Inguxos | 95 403[3] |
Daguestán | 87 867[3] |
Kazakhstán | 37 000[6] |
Xordania | 15 000[7] |
Iraq | 10 000[8] |
Xeorxia | 10 000 |
Siria | 5 000-6 000[9] |
Aspectos culturais | |
Lingua | Lingua chechena |
Relixión | islam |
Grupos relacionados | pobos nakh (pobo inguxo, pobo bats e pobo kist) |
O terreo illado das montañas e o seu valor estratéxico contribuíron moito na construción do ethos checheno e axudaron a perfilar o seu carácter nacional independente. A sociedade chechena ten sido tradicionalmente igualitarista e organízase arredor de clans autónomos locais, chamados teips.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.