Orquestra galega From Wikipedia, the free encyclopedia
A Orquestra Panorama é un conxunto musical galego, unha das orquestras máis importantes da escena,[Cómpre referencia] cunha media de 200 actuacións anuais. Ten a súa sede en Caldas de Reis.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Este artigo ou apartado contén afirmacións non neutrais e/ou texto que promociona o tema tratado de forma subxectiva sen achegar información neutral e verificable. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Orquestra Panorama | |
---|---|
Orquestra Panorama en directo. | |
Orixe | Caldas de Reis, Galicia |
Período | 25 de decembro de 1988 (35 anos) |
Xénero(s) | Orquestra |
Selo(s) discográfico(s) | Panoevents SL |
Membros | Voces masculinas: Lito Garrido, Cibrán Insua Arufe, Mario Álvarez, Diego Moreira Villanueva. Voces femininas: Fátima Pego Vilas, Aroxa Ruana. Bailarinas femininas: Blanca Nunes, María Mediero, Rayssa Cunha, Tania Zapata. Bailaríns masculinos: Blast Arts, Daniel Bolaños del Moral (D-Low), Héctor Bordón (Thor). Guitarristas: Ismael Segura, Ivis Reyes. Baixista: Jorge Ramilo Longa (Giorgio). Teclista: Carlos Oubiña. Batería: Alexandre Vázquez Roca. Trompetistas: Roberto Ángel Hernández, Darien Polo Salgado ("Polito"). Saxofonista: Joseph Ludwing Ruiz Zuluaga, Edgar Campos Conde. Trombonistas:Kotwey Marval, Edward Machado Cabrera. |
Na rede | |
orquestapanorama.es | |
A Orquestra Panorama naceu o 25 de decembro de 1988 actuando no Rosal. O seu nome débese a un programa da TVG que existía por aquelas datas. Na súa primeira actuación, pintaron o logotipo da orquestra no pano que foi secando durante o transcurso do concerto.
Esta banda fundouna Ángel Martínez Pérez (Lito), que sen saber nada de música, coñecía as claves do éxito neste sector.[Cómpre referencia] Nesa época comezou con oito integrantes masculinos (el nunca formou parte dos compoñentes do grupo), cunha furgoneta Mercedes 406 e cun equipo de son de 500 watios.
Lito Martínez é o representante deste conxunto e de 84 orquestras máis das 200 que existen en Galicia, entre as que se encontran a Olympus, a París de Noia, ou o Combo Diminicano.[Cómpre referencia]
En 2017 a orquestra estivo a piques de desaparecer. O anterior propietario estaba a vender o equipo. Carlos Somoza Fouces, empresario de Monforte de Lemos e outros tres socios formaron Panoevens para levar a representación da Panorama.[1]
Nos seus inicios, este grupo musical tocaba cumbias, pasodobres, rancheiras, merengues e rumbas. Estaba dirixido a un público maior e tradicional.[Cómpre referencia]
Na actualidade con Lito Garrido como director revolucionou o ambiente musical das verbenas[Cómpre referencia] innovando cos éxitos musicais máis actuais, introducindo novos estilos e cancións do verán, así como actuacións novidosas con performance, acróbatas, disfraces, técnicas punteiras en luz e son… Con isto conseguiu atraer a un público xove e introducilos na cultura das verbenas.[Cómpre referencia]
Esta evolución influíu nos músicos, nos que agora xa non conta que teñan boa voz[Cómpre referencia], senón que teñen que ser actores e bos bailaríns.
O cambio foi tal que comezou cunha soa furgoneta onde viaxaban todos os músicos e instrumentos, e agora conta con sete tráileres para o escenario e instrumentos e un microbús para os músicos.
O grupo ten un público mozo que o segue, con páxina web, Facebook, club de fans cos que teñen unha cita semanal vía chat e diversos produtos de merchandising, así como varios discos gravados.
A orquestra ten participado dende 2008 en sete galas contra o cancro nos concellos de Cambados, Ordes, Vilagarcía de Arousa e León coa colaboración de Merche, David Bisbal, Mónica Naranjo, Carlos Baute e outros.[Cómpre referencia][2]
A día de hoxe, viaxan por toda España e é considerada unha das mellores orquestras de todo o país.[Cómpre referencia] O seu éxito en Galicia levounos a actuar en Valencia, Madrid, León ou Asturias.
Voces masculinas: Lito Garrido, Cibrán Insua Arufe, Mario Álvarez, Diego Moreira Villanueva.
Voces femininas: Fátima Pego Vilas, Aroxa Ruana.
Bailarinas femininas: Blanca Nunes, María Mediero, Rayssa Cunha, Tania Zapata.
Bailaríns masculinos: Blast Arts, Daniel Bolaños del Moral (D-Low), Héctor Bordón (Thor).
Guitarristas: Ismael Segura, Ivis Reyes.
Baixista: Jorge Ramilo Longa (Giorgio).
Teclista: Carlos Oubiña.
Batería: Alexandre Vázquez Roca.
Trompetistas: Roberto Ángel Hernández, Darien Polo Salgado ("Polito").
Saxofonista: Joseph Ludwing Ruiz Zuluaga, Edgar Campos Conde.
Trombonistas:Kotwey Marval, Edward Machado Cabrera.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.