From Wikipedia, the free encyclopedia
A Organización de Nacións e Pobos Non Representados (coñecida en inglés: Unrepresented Nations and Peoples Organization; UNPO) é unha organización internacional estabelecida para dar visibilidade a pobos e nacións non representados ou marxinalizados do mundo. Foi creada o 11 de febreiro de 1991[1][2] na Haia (Países Baixos). Os seus membros son pobos indíxenas, estados non recoñecidos, minorías étnicas, territorios ocupados e demais grupos sen representación internacional.
Organización de Nacións e Pobos Non Representados | |
---|---|
Acrónimo | UNPO e ОНН |
Tipo | organización internacional |
Data de fundación | 11 de febreiro de 1991 |
Premios | Premio Petra Kelly |
Sede | A Haia |
Na rede | |
https://unpo.org | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Organización de Nacións e Pobos Non Representados traballa para desenvolver a comprensión e o respecto polo dereito de autodeterminación, achegando asesoramento e apoio relacionados con cuestións de recoñecemento internacional e autonomía política, capacitando a grupos sobre como defender as súas causas de maneira efectiva e avogando directamente por unha resposta internacional ás violacións dos dereitos humanos contra membros do grupo. Algúns antigos membros, como Armenia, Timor Leste, Estonia, Letonia, Xeorxia e Palau, conseguiron a independencia e son membros das Nacións Unidas.[3][4]
A Carta da UNPO estabelece os cinco principios centrais da organización:
Tódolos membros deben asinar e acatar o Pacto da UNPO.[5] Os membros do UNpo deben ser non-violentos.[6]
A continuación amósanse os membros actuais da UNPO.[7]
Os membros orixinais aparecen salientados cun fondo rosa e en letra grosa.
Membro | Data de unión | Representado por | Ref |
---|---|---|---|
Abkhazia | 6 de agosto de 1991 | Ministerio de Asuntos Exteriores de Abkhazia | [8] |
Aceh | 11 de febreiro de 1991 | Fronte de Liberación Nacional de Aceh-Sumatra | [9] |
Acerbaixán iraniano | 2 de febreiro de 2007 | Partido Democrático de Acerbaixán do Sur | [10] |
Pobo afrikaans | 15 de maio de 2015 | Fronte da Liberdade Plus | [11] |
Ahwazi | 14 de novembro de 2003 | Partido de Solidariedade Democrática de Ahwaz | [12] |
Pobo asirio | 6 de agosto de 1991 | Alianza Asiria Universal | [13] |
Baluchistán | 1 de marzo de 2008 | Partido Nacional de Baluchistán | [14] |
Baluchistán Occidental | 26 de xuño de 2015 | Partido Nacional de Baluchistán | [15] |
Barotseland | 23 de novembro de 2013 | Alianza da Liberdade Nacional Barotse | [16] |
Pobo bellah | 6 de xuño de 2017 | Asociación Maliana pola Preservación da Cultura Bellah | [17] |
Biafra | 31 de xullo de 2020 | Movemento para a Actualización do Estado Soberano de Biafra | [18][19] |
Bretaña | 8 de xuño de 2015 | Kelc’h An Dael | [20] |
Cabilia | 6 de xuño de 2017 | MAK-Anavad | [21] |
Cataluña | 14 de decembro de 2018 | Assemblea Nacional Catalana | [22] |
Outeiros de Chittagong | 6 de agosto de 1991 | Parbatya Chattagram Jana Samhati Samiti | [23] |
Distrito de Columbia (Washington, DC) | 4 de decembro de 2015 | Delegación do Congreso do Movemento polo estado de D.C. | [24] |
Pobo tártaro de Crimea | 22 de febreiro de 1991 | Milli Mejlis | [25] |
Gilgit-Baltistán | 20 de setembro de 2008 | Alianza Democrática de Gilgit-Baltistán | [26] |
Guam | 31 de xullo de 2020 | Goberno de Guam | [18][19] |
Pobo haratin | 18 de setembro de 2011 | Initiative de Résurgence du Mouvement Abolitionniste en Mauritanie | [27] |
Pobo hmong | 2 de febreiro de 2007 | Congreso Mundial do Pobo Hmong | [28] |
Kurdistán iraniano | 2 de febreiro de 2007 | Partido Democrático do Kurdistán Iraniano e Partido Komala do Kurdistán Iraniano | [29] |
Khmer Krom | 15 de xullo de 2001 | Federación dos Khmers Kampuchea-Krom | [30] |
Pobo lezguio | 7 de xullo de 2012 | Autonomía Nacional e Cultural Federal Lezguia | [31] |
Madhesh | 14 de outubro de 2017 | Alianza polo Madhesh Independente | [32] |
Molucas do Sur | 6 de agosto de 1991 | República das Molucas do Sur | [33] |
Mongolia Interior | 2 de febreiro de 2007 | Centro de Información dos Dereitos Humanos de Mongolia Interior | [34] |
Nagaland | 23 de xaneiro de 1993 | Consello Nacional Socialista de Nagaland | [35] |
Ogaden | 6 de febreiro de 2010 | Fronte de Liberación Nacional de Ogaden | [36] |
Pobo ogoni | 19 de xaneiro de 1993 | Movemento pola Supervivencia do Pobo Ogoni | [37] |
Pobo oromo | 19 de decembro de 2004 | Fronte de Liberación Oromo | [38] |
Rehoboth Basters | 2 de febreiro de 2007 | Consello de Capitáns | [39] |
River Races de Zambesia | 31 de xullo de 2020 | Movemento para a Supervivencia dos River Races de Zambesia | [18][19] |
Savoia | 15 de xullo de 2014 | Goberno Provisional do Estado de Savoia | [40] |
Sindhudesh | 19 de xaneiro de 2002 | Instituro Mundial Sindhi | [41] |
Somalilandia | 19 de febreiro de 2004 | Goberno de Somaliland | [42] |
Sulu | 5 de xaneiro de 2015 | Fundación Sulu de Nove Tribos Étnicas | [43] |
Taiwán | 11 de febreiro de 1991 | Fundación Taiwán pola Democracia | [44] |
Tíbet | 11 de febreiro de 1991 | Administració Central Tibetana | [45] |
Togolandia Occidental | 2017 | Fundación do Grupo de Estudo da Patria | [46] |
Turquestán Oriental | 11 de febreiro de 1991 | Congreso Mundial Uigur | [47] |
Pobo yoruba | 31 de xullo de 2020 | Ilana Omo Oodua | [18][19] |
Secretarios xerais[48]
Director executivo
Presidentes da Asemblea Xeral
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.