páxina de homónimos de Wikimedia From Wikipedia, the free encyclopedia
O opistosoma é un dos dous tagmas en que se divide o corpo dos quelicerados. O outro tagma é o prosoma.[1][2]
Nos quelicerados, que non teñen unha cabeza diferenciada do resto do corpo, o opistosoma é ás veces denominado abdome, termo desaconsellado xa que non é homólogo do abdome dos crustáceos e os insectos.
En arañas e amblipixios existe unha constrición ou cinto (pedicelo) que separa o opistosoma do prosoma, pero no resto dos arácnidos o límite entre ambos os tagmas é menos evidente.
Por outra parte, os escorpións posúen un opistosoma diferenciado en dúas zonas, unha basal e ancha denominada mesosoma e outra final estreita e alongada coñecida como metasoma ("cola").
O termo opistosoma está formado polos elementos do latín científico opistho- e -soma, tirados do grego antigo ὂπισθεν ópisthen, "detrás", "por detrás", e σῶμα sôma, "corpo", respectivamente. Literalmente: "a parte traseira do corpo".
O número de segmentos do opistosoma, e o de apéndices que presenta varía nos distitos grupos de quelicerados. Os escorpións teñen trece, aínda que o primeiro só se ve durante o seu desenvolvemento embrionario. Os arácnidos tenen menos; os opilións, por exemplo, teñen só dez.[3]
Nas arañas e os ácaros, o opistosoma mostra unha clara tendencia á redución dos escleritos e á perda da metamería primitiva; noutros quelicerados, o opistosoma está claramente segmentado. Nalgúns grupos, o telson consérvase en forma de longa espiña (merostomados), aguillón velenoso (escorpións) ou de filamento multiarticulado (palpígrados). O opistosoma dos xifosuros posúe branquias en libro, que son apéndices modificados.[3] Nos arácnidos hai tamén estruturas derivadas de apéndices, como os pulmóns en libro, as fieiras (arañas) ou os peites (escorpións).
No opistosoma localízanse as funcións vexetativas: circulación, respiración, dixestión interna, reprodución. O orifico xenital ábrese no segundo segmento; a continuación ábrense as filotraqueas ou pulmóns en libro e/ou os estigmas do sistema traqueal; o ano está situado no último segmento.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.