serie de televisión de 2022 From Wikipedia, the free encyclopedia
Operación Marea Negra é unha miniserie hispano-portuguesa de suspense e drama, escrita por Patxi Amezcua e Natxo López, e dirixida por Daniel Calparsoro, Oskar Santos e Joao Maia para Amazon Prime Video. Está producida por Ficción Produciones e Ukbar Filmes, xunto á televisión pública portuguesa RTP e varias canles automónicas españolas, coa CRTVG á fronte.[1] A ficción, baseada na historia real do narcosubmarino atopado en Galicia en 2018, está protagonizada por Álex González xunto a Nerea Barros, Nuno Lopes, Miquel Insua, Luis Zahera, Xosé Barato, Carles Francino, Manuel Manquiña, Lúcia Moniz, Luís Esparteiro, David Trejos, Leandro Firmino e Bruno Gagliasso.[1]
Formato | Suspense |
---|---|
Desenvolvido por |
|
Dirixido por |
|
Intérpretes |
|
País de orixe | España Portugal |
Lingua(s) | Castelán e portugués |
Temporadas | 3 |
Episodios | 4+5+5 |
Duración | 50 minutos |
Distribuidor | |
Canle de orixe | Amazon Prime Video |
Formato de imaxe | 1080i HDTV |
Primeiro episodio | 25 de febreiro de 2022 |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A serie componse de 4 capítulos e estreouse o 25 de febreiro de 2022.[2]
A serie estreouse dobrada ao galego o 4 de xullo de 2022 a través da TVG.[3] Foi traducida por Adrián Ramos e Andrea Ucha Bouzada e o director de dobraxe foi Antón Rubal.[3]
En novembro de 2019, un semisomerxible de construción artesanal atravesa o océano Atlántico con tres toneladas de cocaína no seu interior. Dentro, tres homes sobreviven treboadas, correntes, avarías, fame, pelexas e un constante acoso policial. Á fronte dos mandos vai Nando (Álex González), un mozo galego campión de España de boxeo afeccionado e mariño experto sen recursos económicos, que se ve obrigado a buscar outros medios para gañarse a vida.
O 23 de xuño de 2021, anunciouse que Amazon Prime Video estaba a desenvolver, xunto a Ficción Produciones, varias canles da FORTA (entre elas a CRTVG) e a canle pública portuguesa RTP, unha serie de 4 capítulos sobre o primeiro narcosubmarino aparecido en Europa, titulada Operación Marea Negra.[4] Daniel Calparsoro foi contratado como o director principal da serie, mentres que Oskar Santos e o portugués Joao Maia tamén dirixiron a serie.[5] O guión foi escrito por Patxi Amezcua e Natxo López.[6]
En xullo de 2021, anunciouse que Álex González protagonizaría a serie,[7] á vez que se anunciaron outros actores para a mesma.[8]
O 21 de decembro de 2021, Amazon Prime Video sacou as primeiras imaxes da serie e estreouse dobrada en febreiro de 2022.[1]
Nº serie | Nº temp. | Título | Dirixiu | Escribiu | Estrea | Estrea TVG |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 1 | Episodio 1 | Daniel Calparsoro | Natxo López | 25/02/2022 | 04/07/2022 |
2 | 2 | Episodio 2 | Daniel Calparsoro | Patxi Amezcua | 25/02/2022 | 18/07/2022 |
3 | 3 | Episodio 3 | Daniel Calparsoro | Patxi Amezcua | 25/02/2022 | 19/07/2022 |
4 | 4 | Episodio 4 | Oskar Santos | Natxo López | 25/02/2022 | 19/07/2022 |
Na TVG emitiuse Operación Marea Negra: o documental 4 o 20 de xullo de 2022. Tras entrar en augas galegas, o semisomerxible é seguido para abortar calquera posibilidade de descarga da droga. Toma rumbo norte e a tripulación intenta unha última descarga que é cortada pola presenza da Garda Civil. A nave diríxese cara a ría de Aldán onde a envían ao fondo e a tripulación é perseguida en terra ata ser detidos na zona.[9]
O 21 de marzo de 2022, a serie foi renovada para unha segunda tempada.[10]
Son 5 capítulos de 45 m. No elenco mantéñense Nerea Barros, Luís Zahera, Manuel Manquiña, Leandro Firmnio, Bruno Gagliasso, David Trejos, Carlos Francino, Miguel Insua, Xosé Barato. Entran Óscar Jaenada, Esther Acebo, Belén López, Miguel de Lira e Patricia Vico. O protagonista pasa a ser Jorge López en lugar de Alex González.[11]
Rodada entre Galicia e Portugal, a segunda tempada lévanos a dous anos despois de rematar a primeira, e con Nando como centro da acción. Un personaxe co que nos reencontramos a través da súa nova vida cotiá no cárcere, e que acaba camiñando como un funambulista entre o legal e o ilegal para seguir sobrevivindo.[11] Os novos capítulos navegarán entre o crime e a lei, entre a vinganza familiar e a xustiza. Nando evolucionará seguindo unha viaxe chea de traizóns e dobres xogos, camiñando polo fráxil equilibrio entre o legal e o ilegal.[12]
Nº serie | Nº temp. | Título | Dirixiu | Escribiu | Estrea | Estrea TVG |
---|---|---|---|---|---|---|
5 | 1 | Episodio 1 | Daniel Calparsoro | José Rodríguez | 10/02/2023 | 18/09/2023 |
6 | 2 | Episodio 2 | Igor Legarreta | Natxo López | 10/02/2023 | 18/09/2023 |
7 | 3 | Episodio 3 | Igor Legarreta | Patxi Amezcua | 10/02/2023 | 25/09/2023 |
8 | 4 | Episodio 4 | Igor Legarreta | José Rodríguez | 10/02/2023 | 02/10/2023 |
9 | 5 | Episodio 5 | Igor Legarreta | José Rodríguez | 10/02/2023 | 09/10/2023 |
En xullo de 2023 anunciouse unha terceira e última tempada en Amazon Prime Video e o inicio da rodaxe. Continúa Jorge López e entran Mina El Hammani, Dani Pérez Prada e Felipe Pirazán. Tamén participa a portuguesa Lúcia Moniz.[13] Tamén seguen Óscar Jaenada, Bruno Gagliasso (Marighella), Pêpê Rapazote (Narcos), Soraia Chaves (Sequia), Diego Anido (As bestas), Luis Zahera (As bestas), Daniel Ibáñez (Las leyes de la frontera), Miguel de Lira (Vivir sin permiso), Patricia Vico (Hasta el cielo) e Belén López (White Lines), entre outros.
Serán 5 episodios de 45 m. Producida por Ficción Produciones, con Mamen Quintas e Julio Casal de produtores executivos xunto coas tv produtoras españolas e a RTP. Na dirección Daniel Calparsoro con Igor Legarreta e Oskar Santos. No guión Asier Guerricaechebarría e Javier Echániz.[13]
Convertido no intermediario de moda entre América e Europa, a perda dun importante cargamento de fentanilo sitúa a Nando Barreira na peor das situacións: ter que render contas ante ambas as partes. A partir de aquí, Nando comeza unha carreira contra o tempo, non só para recuperar o crédito perdido dos que confiaban nel, senón tamén para eludir á policía que levan meses rastrexando. Unha carreira suicida na que preservar o seu prestixio e liberdade é o menos importante; O máis importante é seguir vivo.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.