From Wikipedia, the free encyclopedia
Odontodactylus scyllarus é unha especie de crustáceo estomatópodo nativo da zona do Indopacífico desde a illa de Guam a África oriental.[1]
Odontodactylus scyllarus | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
Odontodactylus scyllarus (Linnaeus, 1758) |
É aprezado no comercio de acuarios de auga salgada polo seu atractivo, pero é considerado por outros como unha praga perigosa.
O. scyllarus é un dos máis grandes e coloridos estomatópodos que se ven comunmente no mar, que mide de 3 a 18 cm.[1] Son principalmente verdes con patas laranxas e manchas como as do leopardo na parte anterior do cacho.[1]
A súa capacidade de ver a luz polarizada circularmente fixo que se lle fixeran estudos para determinar se os macanismos polos cales funcionan os seus ollos poden ser replicados para o seu uso na lectura de CDs e outros aparellos cun almacenamento de información óptico similar.[2][3]
Odontodactylus scyllarus é un animal escavador que constrúe buratos con forma de U no substrato solto preto da base dos arrecifes de coral a profundidades de entre 3 e 40 m.[1]
O. scyllarus pode dar grandes golpes cun apéndice raptorial con forma de maza que ten.[1] É un cazador activo que prefire comer gasterópodos, crustáceos e bivalvos,[1] e golpea repetidamente a súa presa ata que pode acceder aos tecidos brandos dos que se alimenta. Informouse que cando golpea a súa maza chega a unha velocidade de 80 km/h. Este é o golpe máis rápido coñecido nun animal. A aceleración é similar á da bala dun rifle de calibre 22, exercendo unha forza de 1500 N[4] en cada pancada. Ademais, a superficie dos seus apéndices está feita de hidroxiapatito extremadamente denso, con capas dispostas dun xeito que o fai moi resistenta á fracturación. Os acuarios de cristal poden romper cun golpe dado por estes animais. A composición e estrutura destas capas está sendo estudada para o seu uso en posibles sínteses ou en enxeñaría.[5][6]
Algúns afeccionados aos acuarios de auga doce teñen esta especie en catividade.[7]
Algúns acuaristas valoran esta colorida especie, pero outros considérana unha nociva praga porque son voraces predadores que comen outros habitantes desexables do acuario. Algúns dos espécimes máis grandes poden mesmo romper o cristal do acuario golpeándoo, e poden causar danos ao facer escavacións en rochas vivas incluídas nos acuarios (que son de coral ou teñen incrustados seres vivos). Estas rochas "vivas" son consideradas por algúns útiles no comercio dos acuarios e ás veces colecciónanse. Non é raro que ao meter unha rocha viva no acuario se introduza nel inadvertidamente un destes crustáceos agochado nela. Unha vez dentro do acuario, o animal pode comer peixes e outros habitantes. Son difíciles de capturar cando se establecen nun acuario ben fornecido.[8][9]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.