From Wikipedia, the free encyclopedia
Nusantara é o nome indonesio para o sueste asiático marítimo (ou parte del). É un termo xavanés antigo que significa literalmente "illas exteriores".[1] En Indonesia, enténdese xeralmente como o arquipélago indonesio.[2][3] Fóra de Indonesia, o termo adoptouse para referirse ao arquipélago malaio.[4]
A palabra Nusantara está tomada dun xuramento de Gajah Mada en 1336, como se escribe no antigo xavanés Pararaton e Nagarakretagama.[5] Gajah Mada foi un poderoso líder militar e dirixente do Imperio Majapahit ao que se lle atribue levar o imperio ao seu cumio de gloria. Gajah Mada fixo un xuramento chamado Sumpah Palapa, no que prometía non comer ningún alimento que conteña especias ata que conquistara todo Nusantara.
De tódalas maneiras o concepto de Nusantara como rexión unificada non foi inventado por Gajah Mada en 1336. O termo Nusantara foi usado por primeira vez por Kertanegara de Singhasari na inscrición Mula Malurung de 1255.[6] Ademais, en 1275, o termo Cakravala Mandala Dvipantara foi usado por describir a aspiración do arquipélago unido do sueste asiático baixo Singhasari e marcou o inicio dos seus esforzos para conseguilo.[7] Dvipantara é unha palabra sánscrita para as "illas no medio", converténdoa nun sinónimo de Nusantara xa que tanto dvipa como nusa significan "illa". Kertanegara imaxinaba a unión dos reinos marítimos e políticas do sueste asiático baixo Singhasari como un baluarte contra o ascenso da dinastía Yuan liderada polos mongois da China.
Nun sentido máis amplo, o nusantara no uso das linguas modernas inclúe terras culturais e lingüísticas relacionadas coa cultura austronesia, que se seipan: Indonesia, Malaisia , Singapur, o sur de Tailandia, Filipinas, Brunei, Timor Oriental e Taiwán, sen contar Papúa Nova Guinea.[8][9]
Debido aos problemas que tivo que afrontar a cidade de Iacarta, na illa de Xava, como graves inundacións, crecemento urbano excesivo e afundimento paulatino, en 2019 anunciouse a creación dunha nova capital e futura sede do goberno de Indonesia, que se comezou a construír no verán de 2022.[10] [11] O 17 de agosto de 2024, Indonesia celebrou oficialmente o seu Día da Independencia por primeira vez na futura capital inacabada.[12]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.