político español From Wikipedia, the free encyclopedia
Nicolás Redondo Urbieta, nado en Barakaldo (Biscaia) o 16 de xuño de 1927 e finado en Madrid o 4 de xaneiro de 2023,[1] foi un sindicalista e político vasco.
Fillo de Nicolás Redondo Blanco, destacado dirixente socialista e un dos primeiros concelleiros do Partido Socialista Obreiro Español (PSOE) en Biscaia; igualmente, foi pai de Nicolás Redondo Terreros, exdirixente do PSE-EE. En 1937, en plena guerra civil española, abandonou Euskadi no barco La Habana cara a Bordeos, canda outros refuxiados menores de idade e foi acollido en Francia por unha familia mineira de Herault. Regresou a España, por reclamación da familia, en 1940.[1]
En 1942, foi contratado como aprendiz de oficial axustador en La Naval de Sestao. Xa como obreiro metalúrxico, afiliouse ó PSOE e á UXT en 1945. Foi detido e procesado pola ditadura do xeneral Franco en numerosas ocasións debido ás súas actividades políticas e sindicais. En 1967 foi detido xunto ós históricos Ramón Rubial e Eduardo López Albizu e desterrado ás Hurdes.
Tras o Congreso do PSOE de agosto de 1972, que destitúe ó secretario xeral Rodolfo Llopis, convértese en membro da dirección colexiada do PSOE Renovado. Ante o Congreso de Suresnes de 1974, rexeita o ofrecemento para presentar a súa candidatura ó posto de primeiro secretario, chegando a un pacto co sevillano Felipe González para que este accedese ó cargo.
O 18 de abril de 1976 elixírono secretario xeral da Unión Xeral de Traballadores (UXT) no XXX Congreso da central sindical socialista. Previamente exercera, dende 1971, o cargo de secretario político, predecesor do de secretario xeral.
Foi elixido deputado do PSOE por Biscaia en 1977, 1979, 1982 e 1986. En 1987 renunciou ó seu escano para amosar o seu desacordo coa política laboral e social do goberno de Felipe González, tras votar en contra dos Orzamentos Xerais do Estado para 1988. Convocou xunto a Comisións Obreiras (CCOO) a folga xeral do 14 de decembro de 1988, cun éxito esmagador. Tamén convocou xunto a CCOO dúas folgas xerais máis durante o goberno socialista, en xuño de 1992 e xaneiro de 1994.
O 10 de abril de 1994, no 36º Congreso, deixou paso a Cándido Méndez como secretario xeral da UXT, retirándose de toda actividade política e sindical.
Faleceu en Madrid o 4 de xaneiro de 2023 aos 95 anos de idade debido a unha pneumonía.[2]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.