composto químico From Wikipedia, the free encyclopedia
A neurotensina é un neuropéptido de 13 aminoácidos que está implicado na regulación da hormona luteinizante e a liberación da prolactina e ten unha interacción significativa co sistema dopaminérxico. A neurotensina foi illada primeiramente de extractos de hipotálamo bovino baseándose na súa capacidade de causar unha visible vasodilatación nas rexións cutáneas expostas de ratas anestesiadas.[1]
Neurotensina (NTS) | |||
---|---|---|---|
Estruturas dispoñibles | |||
PDB | Buscar ortólogos: PDBe, RCSB | ||
Identificadores | |||
Nomenclatura | Outros nomes
| ||
Identificadores externos | |||
Locus | Cr. 12 q21.31 | ||
Padrón de expresión de ARNm | |||
Máis información | |||
Ortólogos | |||
Especies |
| ||
Entrez |
| ||
Ensembl |
| ||
UniProt |
| ||
RefSeq (ARNm) |
| ||
RefSeq (proteína) NCBI |
| ||
Localización (UCSC) |
| ||
PubMed (Busca) |
|
precursor da neurotensina/neuromedina N | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Identificadores | |||||||||
Símbolo | Pro-NT_NN | ||||||||
Pfam | PF07421 | ||||||||
InterPro | IPR008055 | ||||||||
OPM superfamily | 257 | ||||||||
OPM protein | 2oyv | ||||||||
|
Neurotensina | |
---|---|
Identificadores | |
Número CAS | 39379-15-2 |
PubChem | 16133836 |
ChemSpider | 17290409 |
ChEBI | CHEBI:7542 |
Imaxes 3D Jmol | Image 1 |
| |
| |
Propiedades | |
Fórmula molecular | C78H121N21O20 |
Masa molecular | 1672,92 |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. |
A neurotensina está distribuída por todo o sistema nervioso central, e chega aos seus máximos niveis no hipotálamo, amígdala cerebral e núcleo acumbente. Induce diversos efectos, como a analxesia, hipotermia e aumento da actividade locomotora. Tamén está implicada na regulación de vías da dopamina. Na periferia, a neurotensina encóntrase nas células enteroendócrinas do intestino delgado, onde impulsa a secreción e a a contracción do músculo liso.[2]
A neurotensina comparte unha significativa semellanza de secuencia nos seus 6 aminoácidos C-terminais con outros neuropéptidos, como a neuromedina N (que se deriva do mesmo precursor). Esta rexión C-terminal é a responsable da actividade biolóxica completa, e a porción N-terminal ten un papel modulador. O precursor da neurotensina/neuromedina N pode tamén ser procesado para producir péptidos grandes de 125–138 aminoácidos coa secuencia da neurotensina ou da neuromedina N no seu C-terminal. Estes péptidos grandes parecen ser menos potentes que os seus correspondentes máis pequenos, pero son tamén menos sensibles á degradación e poden representar activadores endóxenos de longa duración en diversas situacións fisiopatolóxicas.
A secuencia da neurortensina bovina é piroGlu-Leu-Tyr-Glu-Asn-Lys-Pro-Arg-Arg-Pro-Tyr-Ile-Leu-OH.[3] A neurotensina sintetízase formando parte dunha proteína precursora de 169 ou 170 aminoácidos que tamén contén a secuencia do neuropéptido relacionado neuromedina N.[4][5] Os dominios que codifican o péptido están localizados en tándem preto do extremo carboxilo do precursor e están unidos e separados por sitios de procesamento de pares de aminoácidos básicos (lisina-arxinina).
A neurotensina é un potente mitóxeno para o cancro colorrectal.[6]
A neurotensina foi tamén implicada na modulación da sinalización por dopamina e produce un espectro de efectos farmacolóxicos que lembran os das drogas antipsicóticas, o que levou a suxerir que a neurotensina pode ser un neuroléptico endóxeno. Os ratos deficientes en neurotensina mostran defectos en respostas a varias drogas antipsicóticas consistentes coa idea de que a sinalización da neurotensinan é un compoñente clave que subxace en polo menos algunhas das accións das drogas antipsicóticas.[7] Estes ratos mostran pequenos defectos na inhibición prepulso (IPP) do reflexo de susto, un modelo que foi amplamente utilizado para investigar a acción das drogas antipsicóticas en animais. A administración dunha droga antipsicótica aumenta a IPP en certas condicións. A comparación entre os ratos normais e os deficientes en neurotensina revelou notables diferenzas na capacidade de diferentes drogas antipsicóticas de aumentar a IPP. Mentres que unha droga antipsicótica típica como a clozapina aumentaba a IPP normalmente en ratos deficientes en neurotensina, o antipsicótico convencional haloperidol e o antipsicótico atípico máis moderno quetiapina non eran efectivos nestes ratos, a diferenza dos ratos normais, nos que estas drogas aumentaban significativamente a IPP. Estes resultados suxiren que certas drogas antipsicóticas necesitan a neurotensina para polo menos algúns dos seus efectos. Os ratos deficientes en neurotensina tamén mostran defectos na activación estriatal despois de recibir haloperidol, pero non coa administración de clozapina en comparación cos ratos do tipo silvestre normais, o que indica que a neuroensina estriatal cómpre para as respostas neuronais de espectro completo a un conxunto de drogas antipsicóticas.[8]
A neurotensina é un neuropéptido endóxeno implicado na termorregulación que pode inducir a hipotermia e a neuroprotección en modelos experimentais de isquemia cerebral.[9]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.