Neuropilina

From Wikipedia, the free encyclopedia

Neuropilina

As neuropilinas (NRP) son proteínas receptoras que son activas nas neuronas.

Datos rápidos Identificadores, Símbolo ...
Neuropilina
Estrutura cristalográfica do dominio dímero B1 da neuropilina 1 humana.[1]
Identificadores
SímboloNRP
InterProIPR014648
Membranome16
Pechar
Identificadores
Símbolo NRP1
Entrez 8829
HUGO 8004
OMIM

602069

PDB 3I97
RefSeq NM_001024628
UniProt O14786
Outros datos
Locus Cr. 10 p12
Identificadores
Símbolo NRP2
Entrez 8828
HUGO 8005
OMIM

602070

RefSeq NM_201279
UniProt O60462
Outros datos
Locus Cr. 2 q34

Existen dúas formas de neuropilinas no corpo humano, chamadas NRP-1 e NRP-2. As neuropilinas son glicoproteínas transmembrana, que se documentou primeiramente que regulaban a neuroxénese e a anxioxénese ao formaren complexos con receptores da plexina/semaforina de clase 3 e receptores de VEGF/VEGF, respectivamente.[2][3] As neuropilinas actúan predominantemente como correceptores, xa que teñen un dominio citoplasmático moi pequeno e así dependen de receptores da superficie celular para transducir os seus sinais a través da membrana plasmática.[2][3] Estudos recentes indicaron que as neuropilinas son multifuncionais e poden interaccionar cunha ampla variedade de receptores transmembrana. As neuropilinas están, por tanto, asociadas con numerosas vías de sinalización incluíndo as que son activadas polo factor de crecemento epidérmico (EGF), o factor de crecemento de fibroblastos (FGF), o factor de crecemento de hepatocitos (HGF), o factor de crecemento similar á insulina (IGF), o factor de crecemento derivado de plaquetas (PDGF) e o factor de crecemento transformante beta (TGFβ).[4][5] Aínda que as neuropilinas se atopan comunmente na superficie celular, tamén se informou da súa presenza dentro das mitocondrias e o núcleo.[6][7] Ambos os membros da familia da neuropilina poden encontrarse tamén en formas solubles creadas por empalme alternativo ou por desprendemento de ectodominio desde a superficie celular.[8][9]

A natureza pleiotrópica dos receptores NRP ten como resultado que estean implicados en diversos procesos celulares, como a guía de axóns e a anxioxénese, a resposta inmunitaria e a remielinización.[10] Por tanto, a desregulación da actividade das NRP foi asociada con moitas condicións patolóxicas, como moitos tipos de cancro e enfermidades cardiovasculares.[11][12][13][14]

Aplicacións

A neuropilina 1 é unha diana terapéutica no tratamento da leucemia e o linfoma, xa que se observou que hai un incremento da súa expresión nas liñas celulares de leucemia e linfoma.[15] Ademais, o antagonismo da neuropilina-1 inhibe a migración e adhesión de células tumorais.[16]

Estrutura

As neuropilinas conteñen os seguintes catro dominios:

  • Dominio CUB N-terminal (para o complemento C1r/C1s, Uegf, Bmp1)
  • Dominio do factor de coagulación de tipo 5/8, C-terminal (dominio de discoidina)
  • Dominio MAM (para a meprina, proteína A-5 e a proteína receptora tirosina foasfatase mu)
  • Dominio C-terminal de neuropilina

A estrutura do dominio B1 da neuropilina 1 determinouse por difracción de raios x cunha resolución de 2,90 Å. A estrutura secundaria deste dominio é nun 5% en hélice alfa e nun 46% en folla beta.[1]

Gráfico de Ramachandran aquí:[17]

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.