From Wikipedia, the free encyclopedia
A neurohipófise, hipófise posterior ou pituitaria posterior comprende o lóbulo posterior da hipófise ou pituitaria do encéfalo e forma parte do sistema endócrino. Malia o seu nome, a neurohipófise non é unha verdadeira glándula per se; senón máis ben está formada en gran parte por un conxunto de proxeccións axónicas procedentes do hipotálamo que terminan alí. Almacena e segrega hormonas (oxitocina, vasopresina)[1], pero estas sintetizáronse no hipotálamo.
A neurohipófise consta principalmente de proxeccións de neuronas (axóns) que proceden dos núcleos supraópticos e núcleos paraventriculares do hipotálamo. Estes axóns liberan hormonas peptídicas nos capilares hipofisarios. Ademais dos axóns, a neurohipófise tamén contén pituicitos, que son células gliais especializadas parecidas a astrocitos.
Embrioloxicamente a neurohipófise orixínase como un divertículo da base do diencéfalo [2], polo que ten unha orixe distinta da adenohipófise (derivada da bolsa de Rathke, un divertículo do estomodeo) [3].
A división anatómica da neurohipófise varía, pero a maioría das fontes divídena en tres rexións:
Unhas poucas fontes inclúen a pars intermedia da hipófise na neurohipófise, pero esta é unha opinión minoritaria. Os partidarios desta opción baséanse en que hai unha grosa separación anatómica entre a neurohipófise e a adenohipófise ao longo dos restos da bolsa de Rathke, que fai que a pars intermedia permaneza unida á neurohipófise.
As hormonas que se liberan na neurohipófise son sintetizadas polo hipotálamo, pero se almacenan e segregan na neurohipófise á circulación sanguínea.
Hormona | Outros nomes | Símbolo(s) | Diana | Efecto | Fonte |
---|---|---|---|---|---|
Oxitocina | Pitocina (nome comercial) | OT | Útero, glándula mamaria | Contraccións uterinas; lactación | Núcleos supraópticos e paraventriculares |
Vasopresina (hormona antidiurética) | Arxinina-vasopresina, arxipresina, hormona antidiurética | VP, AVP, ADH | Riles ou arteriolas | Estimula a retención de auga; eleva a presión sanguínea ao contraer as arteriolas, produce agresividade nos machos | Núcleos supraópticos e paraventriculares |
Unha secreción insuficiente de vasopresina favorece a diabetes insípida, na cal o corpo perde a capacidade de concentrar a urina. Os individuos afectados excretan ata 20 litros de urina diluída diariamente. O exceso de secreción de vasopresina causa a síndrome de secreción inadecuada de hormona antidiurética (SIADH).
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.