A bolsa de Rathke é unha estrutura embriolóxica que ten como resultado a formación da glándula pituitaria anterior ou adenohipófise, un órgano pertencente ao sistema endócrino.

Thumb
Bolsa de Rathke.

A formación desta estrutura comeza coa invaxinación do ectoderma situado no teito da boca, en fronte da membrana bucofarínxea. Dita invaxinación vai paseniñamente aumentando de tamaño até se fusionar coa hipófise posterior ou neurohipófise para formar a hipófise do individuo adulto.

A orixe do termo provén do médico Martin Rathke, que lle deu nome.[1]

Desenvolvemento

A bolsa de Rathke, e por conseguinte a glándula pituitaria anterior, deriva do ectoderma.

Malia comezar a súa formación invaxinándose dende o teito da boca, finalmente perde dita conexión e faise independente, dando lugar á hipófise anterior. A parede anterior da bolsa de Rathke prolifera para formar a meirande parte da pars distalis e da pars tuberalis da adenohipófise. A parede posterior dará lugar á pars intermedia.

Relevancia clínica

A bolsa de Rathke pode dar lugar ao desenvolvemento de quistes de características benignas. Tamén é posíbel o desenvolvemento dun craneofarinxioma, un tipo de cancro que afecta ao sistema nervioso central.

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.