From Wikipedia, the free encyclopedia
Os pituicitos son un tipo de células gliais que se encontran na neurohipófise. A súa principal función é axudar ao almacenamento e liberación de hormonas neurohipofisarias.[1]
Os pituicitos están localizados na pars nervosa da neurohipófise entremesturados cos axóns non mielinizados e os corpos de Herring. Xeralmente tínguense de púrpura escuro coa tinguidura de hematoxilina-eosina e están entre as estruturas máis doadamente identificables desa rexión.[2][3] Os pituicitos teñen unha forma irregular e ramificada que lembra a doutro tipo de células gliais: os astrocitos.[4] Igual que os astrocitos, o seu citoplasma presenta filamentos intermedios específicos constituídos pola proteína ácida fibrilar glial.[5]
Os pituicitos son similares aos astrocitos. A súa principal función é axudaren ao almacenamento de hormonas neurohipofisarias. Os pituicitos rodean os teminais axónicos e regulan a secreción de hormonas ao liberaren os seus procesos nestas terminacións.[1]
Os pituicitomas son tumores raros que se orixinan a partir dos pituicitos. Poden confundirse co moito máis común adenoma de pituitaria e tamén co craniofarinxioma e o meninxioma. Os síntomas do efecto de masa (debido ao volume que pode adquirir) do tumor xeralmente inclúen trastornos da visión e menos frecuentemente dores de cabeza, hipopituitarismo (diminución da función da glándula pituitaria ou hipófise), fatiga e diminución da libido.[6]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.