movemento nacionalista en Iraq From Wikipedia, the free encyclopedia
O nacionalismo iraquí é un movemento político nacionalista que defende os intereses dos pobos de Iraq, incluíndo os diferentes grupos etno-relixiosos como os árabes, os kurdos, os turcománs, os asirios, os caldeos, os iézidis, os mandeos, os shabaks, os kawliya, os dom e os iarsans, entre outros. O nacionalismo iraquí implica o recoñecemento dunha identidade iraquí herdeira da antiga Mesopotamia, incluíndo as súas civilizacións de Sumeria, Acadia, Babilonia e Asiria.[1] O nacionalismo iraquí influenciou o movemento de Iraq pola independencia da ocupación otomá e británico. O nacionalismo iraquí foi un importante factor na revolución de 1920 contra a ocupación británica, e a revolución de 1958 contra a monarquía haxemita instaurada polos británicos.[2]
Existen dúas variantes do nacionalismo iraquí. A primeira considera a nación iraquí como aquela que agrupa a árabes, turcománs, asirios e kurdos, todos os cales cunha herdanza cultural mesopotámica; esta visión foi promovida por Abd al-Karim Qasim, quen tiña unha ascendencia árabe e kurda.[3] A segunda variante é un nacionalismo dual que combina o nacionalismo iraquí e o nacionalismo árabe, sendo unha forma máis ampla de nacionalismo étnico que promove o nacionalismo iraquí e o conecta cos asuntos que importan aos árabes no seu conxunto.[4] Saddam Hussein cría que o recoñecemento das orixes mesopotámicas e a herdanza dos árabes iraquís eran complementarias co nacionalismo árabe.[4] Oficialmente, o réxime ba'athista incluíu ao líder musulmán kurdo Saladino como un símbolo patriótico de Iraq, xa que Saladino liderou forzas musulmás e árabes durante as Cruzadas.[5]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.