grupo musical galego From Wikipedia, the free encyclopedia
NAO foi un grupo galego de música rock orixinario da Estrada, Pontevedra. Estivo activo de 2005 a 2019, tempo no que editou catro álbums de estudio ademais de tres EPs. As letras das súas cancións caracterízanse polo compromiso político e a crítica social.[1]
Actuación no Aversion Fest 2015 | |
Orixe | A Estrada, Galicia |
Período | 2005 - 2019 |
Xénero(s) | Hard rock |
Selo(s) discográfico(s) | Mafia Records |
Membros | Pablo Jasper X. Ramón Iglesias Gustavo Brea Paul Zervero |
Antigos membros | Xavi Raiba "Xavinho" (voz 2005-08) Maceira (baixo 2005-07) Fran (voz) Ramón (batería) |
Na rede | |
www | |
Foi creado en 2005 na Estrada por músicos que se coñecían doutros grupos como Xenreira ou Fusquenlha.[2] Os seus primeiros integrantes eran Pablo Carracedo "Jasper" (guitarra), Xavi Castro "Xavinho" (voz), Gustavo Brea (guitarra), Xosé Maceira "Maki" (baixo) e Ramón (batería).[3] Con esta primeira formación deron o seu primeiro concerto no Centro Social A Revolta do Berbés, en Vigo, e gravaron dúas maquetas en 2006: Usa a palabra e Somos NAO. En 2007 Maceira deixou o grupo e entrou no seu lugar Paul Zervero.[3] En novembro dese ano editaron o seu primeiro álbum, As palabras espidas, nos Estudios Garate de Andoain, co produtor vasco Kaki Arkarazo. O disco incluía unha canción co poema de Rosalía de Castro "A xustiza pola man" na que a voz feminina corría a cargo de Patty Castro, fundadora e coordinadora do proxecto Mulleres Galegas Kañeras (MGK). Pouco despois Xavi deixou o grupo, e Jasper, guitarrista e compositor da maioría de temas, comezou tamén a cantar.
No 2010, lanzaron o seu segundo álbum, Coas túas mans, que foi autoeditado. A finais de 2012 comezaron un proxecto de mecenado para publicar o seu terceiro traballo, Cancións de amor e liberdade, que tamén foi autoeditado e que viu a luz o 26 de febreiro de 2013.[4] Dende ese disco o batería do grupo pasou a ser Xosé Ramón Iglesias "Amós".[5]
No 2014 publicaron Cartas no caderno, un EP que presentaron en abril. Tratábanse de cinco temas, sendo un deles de produción propia e que deu nome ao disco, e os outros catro versións de temas doutros artistas: "Acción galega" de Xenreira (sobre un poema de Ramón Cabanillas, convertido en himno de Acción Gallega), "Os vampiros" de Zeca Afonso, "Je veux" de Zaz e "Como o vento" de Sétima Legiâo. Tamén ese ano o grupo fíxose co galardón da categoría Metal na segunda edición dos Premios Martín Codax da Música.[6]
No 2015, puxeron música á campaña de Nós - Candidatura Galega para as Eleccións xerais de España de 2015 coa canción “Nós, porque este soño é necesario para un soño” en colaboración con Mini e Navia Rivas.[7] Ese mesmo ano anunciaron a futura disolución do grupo, que se faría efectiva tras a publicación dunha triloxía de discos.[8]
No 2016 entrou Torroncho como baixista no lugar de Anxelo, que substituíra anteriormente a Paul, e lanzaron un dobre EP cos títulos Soñar e Crear.[9] O primeiro foi gravado en Pousada Son, con Iago Pico como produtor, mentres que o segundo se gravou en Andoain. Presentouse na Sala Capitol de Santiago, con Monoulios DOP e Poetarras como abreconcertos.[10]
En xuño de 2018 lanzaron dous sinxelos, "O brazo armado" e "Cultura crítica" (este último contou coa colaboración das Tanxugueiras e de SonDaRúa),[11] e en novembro saíu á luz Ata que o lume se apague, o seu derradeiro disco, co que iniciaron a súa xira de despedida.[12][13] No 2019 foron galardoados por segunda vez co Premio Martín Códax da Música na categoría Metal.[14]
O 7 de decembro de 2019 deron o seu último concerto diante de dous milleiros de persoas no Recinto Feiral de Amio, en Santiago de Compostela, poñendo fin a 14 de anos de traxectoria. SonDaRúa, Rebeliom do Inframundo e Odolaren Mintzoa actuaron como abreconcertos.[15]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.