Muscicapa é un xénero de ave paseriforme, suborde dos Passeri, infraorde dos Passerida, superfamilia dos muscicapoideos. o tipo da familia dos muscicápidos.
Máis información PapamoscasMuscicapa, Clasificación científica ...
Pechar
O xénero comprende 25 especies, segundo o ITIS e máis o Congreso Ornitolóxico Internacional (COI),[1][2] ou 27, segundo outros autores,[3] de paxaros insectívoros de pequeno tamaño coñecidos popularmente como papamoscas,[4] distribuídos por Eurasia e África.
A maioría das especies viven en hábitats boscosos. Varias delas son migratorias, indo de Europa e o norte de Asia cara ao sur no inverno.[5]
Son paxaros pequenos, de 9 a 15 cm de lonxitude. Teñen a cabeza grande, a cola curta, as patas así mesmo son curtas, e con pés delicados; o bico é aplanado, pero afiado, máis amplo na base. A súa plumaxe é a miúdo de cores intensas, parda ou gris, bastante uniforme; porén, os exemplares xuvenís téñena máis manchada ou apencada.[5][6]
Teñen o costume de pousar en lugares altos, onde permanecen moi quietos, a miúdo ergueitos, desde onte parten en frecuentes e fulgurantes saídas para capturar insectos en pleno voo, non só ou entre a follaxe.[6]
Contrúen niños xeralmente en forma de cunca nunha rama de árbore, pero algunhas especies africanas aniñan en buratos das árbores.[5]
Descrición
O xénero foi descrito en 1760 polo zoólogo francés Mathurin Jacques Brisson, na súa obra:
- Ornithologie, ou, Méthode contenant la division des oiseaux en ordres, sections, genres, espèces & leurs variétés: à laquelle on a joint une description exacte de chaque espèce, avec les citations des auteurs qui en ont traité, les noms qu'ils leur ont donnés, ceux que leur ont donnés les différentes nations, & les noms vulgaires.[7][8]
Etimoloxía
O nome científico Muscicapa está formado polos elementos musci- e -capa, tirados do latín musca, -ae, "mosca" e o verbo capio, cepi, captum, capere, "coller", "capturar".[9]
Clasificación
En 2010 dous estudos de filoxenia molecular das especies da familia dos muscicápidos mostraron que o xénero Muscicapa non é monofilético. Porén, os seus autores foron incapaces de propoñer uns novos xéneros, porque non foron revisadas todas as especies.[10][11] Nun estudo posterior, publicado en 2016, no que se inclúen 37 das 42 especies da subfamilia dos muscicapinos, confírmase que Muscicapa non é monofilético, e nel proponse unha reorganización taxonómica con varios xéneros novos ou recuperados.[12]
Especies
Segundo o ITIS e o COI, o xénero comprende as seguintes 25 especies:[1][2]
Xénero Muscicapa Brison, 1760
- Muscicapa adusta (F. Boie, 1828)
- Muscicapa aquatica Heuglin, 1864
- Muscicapa boehmi (Reichenow, 1884)
- Muscicapa caerulescens (Hartlaub, 1865)
- Muscicapa cassini Heine, 1860
- Muscicapa comitata (Cassin, 1857)
- Muscicapa epulata (Cassin, 1855)
- Muscicapa ferruginea (Hodgson, 1845)
- Muscicapa gambagae (Alexander, 1901)
- Muscicapa griseisticta (Swinhoe, 1861)
- Muscicapa infuscata (Cassin, 1855)
- Muscicapa itombwensis Prigogine, 1957
- Muscicapa latirostris Raffles, 1822
- Muscicapa lendu (Chapin, 1932)
- Muscicapa muttui (E. L. Layard, 1854)
- Muscicapa olivascens (Cassin, 1859)
- Muscicapa randi Amadon & duPont, 1970
- Muscicapa ruficauda Swainson, 1838
- Muscicapa segregata (Siebers, 1928)
- Muscicapa sethsmithi (Someren, 1922)
- Muscicapa sibirica Gmelin, 1789
- Muscicapa striata (Pallas, 1764)
- Muscicapa tessmanni (Reichenow, 1907)
- Muscicapa ussheri (Sharpe, 1871)
- Muscicapa williamsoni Deignan, 1957
En Galicia só se encontra, de maio a setembro (inverna en África), en campos abertos, hortas e cultivos, con árbores espalladas, a especie Muscicapa striata, o papamoscas cincento, aínda que a súa presenza é moi rara.[13]
Gill, Frank; Donsker, David, eds. (2016). "Chats, Old World flycatchers". World Bird List Version 6.2. International Ornithologists' Union. Consultado o 9 de abril de 2017.
Sinclair et al. (2003), Perrins (2004), del Hoyo et al. (2006).
Sangster, G.; Alström, P.; Forsmark, E.; Olsson, U. (2010). "Multi-locus phylogenetic analysis of Old World chats and flycatchers reveals extensive paraphyly at family, subfamily and genus level (Aves: Muscicapidae)". Molecular Phylogenetics and Evolution 57 (1): 380–392. PMID 20656044. doi:10.1016/j.ympev.2010.07.008.
Zuccon, D.; Ericson, P.G.P. (2010). "A multi-gene phylogeny disentangles the chat-flycatcher complex (Aves: Muscicapidae)". Zoologica Scripta 39 (3): 213–224. doi:10.1111/j.1463-6409.2010.00423.x.
Voelker, G.; Huntley, J. W.; Peñalba, J. V.; Bowie, R. C. K. (2016). "Resolving taxonomic uncertainty and historical biogeographic patterns in Muscicapa flycatchers and their allies". Molecular Phylogenetics and Evolution 94: 618–625. PMID 26475615. doi:10.1016/j.ympev.2015.09.026.
Penas Patiño, Xosé M. et al. (1991), p. 266.
Bibliografía
- del Hoyo, Josep; Elliott, Andrew & Sargatal, Jordi (eds.) (2006): Handbook of Birds of the World. Volume 11: Old World Flycatchers to Old World Warblers. Bellaterra (Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 84-96553-06-X.
- King, Ben; Rostron, Philip; Luijendijk, Teus; Bouwman, Rob & Quispel, Chris (1999): "An undescribed Muscicapa flycatcher on Sulawesi, Indonesia". Forktail 15: 104.
- Penas Patiño, Xosé M., Carlos Pedreira López e Carlos Silvar (1991): Guía de aves de Galicia. A Coruña: Bahia Edicións, p. 198. ISBN 84-87674-06-2.
- Perrins, Christopher (ed.) (2004): The New Encyclopedia of Birds. Oxford, UK: Oxford University Press. ISBN 0-19-852506-0.
- Sinclair, Ian; Ryan, Pete; Christy, Patrice & Hockey, Phil (2003): Birds of Africa: a complete illustrated field guide to the birds of the Sahara. Cape Town: Struik. ISBN 1-86872-857-9.
- Svensson, Lars, & Peter J. Grant (2001): Guía de aves. La guía de campo de aves de España y de Europa más completa. Barcelona: Ediciones Omega, S. A. ISBN 84-2821-218-X.
- Williams, John G. & Arlott, Normann (1980): A Field Guide of the Birds os East Africa. Londres: Collins. ISBN 0-0021-9179-2.