From Wikipedia, the free encyclopedia
A dos muroideos (Muroidea) é unha gran superfamilia de roedores da suborde dos miomorfos.
Muroideos Muroidea Rango fósil: 37 Ma-0 Ma eoceno medio - actualidade | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Corta do campo (Microtus arvalis) | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Familias e Subfamilias | |||||||||||||||||
|
Inclúe os hámsteres, xerbos, ratos e ratas, e moitos outros parentes, que ocupan unha vastísima variedade de hábitats en todos os continentes excepto a Antártida.
Algunhas autoridades colocaron a todos os membros deste grupo nunha soa familia, a dos múridos, debido ás dificultades para determinar como as diferentes subfamilias se relacionan entre si.
A subfamilia dos muroideos foi creada en 1811 polo zoólogo alemán Johann Karl Wilhelm Illiger.[1]
A superfamila coñécese polos seguintes sinónimos:[1]
O termo Muroidea está formado polos elementos do latín científico mur-, derivado do latín clásico mūs, mūris, "rato", e -oidea, plural neutro de -oideus, tirado da foma do grego antigo -ειδής, -eidḗs, da raíz de εἶδος, eĩdos "forma", "aspecto", "aparencia", precedida da vogal de unión -o-. Literalmente: "os que teñen forma de rato".
A seguinte clasificación baséase en recentes e ben documentados estudos filoxenéticos moleculares.
Os muroideos clasifícanse en 6 familias, 19 subfamilias, cerca de 280 xéneros e polo menos 1300 especies.[1]
Superfamilia Muroidea
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.