Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
A movida madrileña foi un movemento contracultural xurdido durante os primeiros anos da Transición da España posfranquista e que se prolongou ata avanzados os anos oitenta.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2017.) |
A noite madrileña foi moi activa non só polas saídas nocturnas da mocidade, senón por mor dun interese infrecuente na chamada cultura alternativa, as drogas, underground ou contracultura. A aparición de selos independentes de gravación discográfica (DRO, TicTac, Tres Cipreses etc.) permitiu a creación dunha música distinta á patrocinada polas multinacionais do disco.
Nado en Madrid, o movemento estendeuse mimeticamente a outros lugares do Estado (como a movida viguesa), coa conivencia e o alento dalgúns políticos, principalmente socialistas, entre os que destacarían o entón alcalde de Madrid, Enrique Tierno Galván, que estudara profundamente desde un punto de vista sociolóxico a cultura marxinal xuvenil (véxanse os ensaios contidos na súa obra El miedo a la razón). O apoio político a esta cultura alternativa pretendía mostrar un punto de inflexión entre a sociedade franquista e a nova sociedade da democracia; esta imaxe dunha España "moderna", ou canto menos aberta á modernidade, sería utilizada internacionalmente para combater a imaxe pexorativa que o país adquirira ao longo de catro décadas de ditadura. Porén, e a pesar deste movemento contracultural, gran cantidade das estruturas sociais e económicas do país eran herdadas do antigo réxime.
A revista La Luna, entre outras establecidas concellos de Madrid e de Vigo, foi o baluarte do movemento, que achou reflexo nalgúns programas televisivos como La bola de cristal ou Si yo fuera presidente de Fernando García Tola e outros musicais e de variedades presentados por personaxes como Paloma Chamorro, Carmen Maura etc., e tivo o seu cronista no escritor e xornalista Francisco Umbral desde a súa columna no diario El País, os seus cantantes en Enrique Urquijo e Olvido Gara, máis coñecida como «Alaska», o seu poeta en Eduardo Haro Ibars, o seu graffiteiro en Juan Carlos Argüello «El Muelle», os seus ídolos artísticos en Andy Warhol e Miquel Barceló e os seus lugares de culto en locais como o Rock-Ola, Carolina, El Sol, El Penta ou La Vía Láctea. O poeta Luis Antonio de Villena novelou esta época en Madrid ha muerto, e o novelista Gregorio Morais fíxoo en La individuación.
Houbo estilos e vertentes novas en:
Anos despois desta época, fíxose unha enquisa sobre os temas musicais máis populares e emblemáticos da movida, cuxos resultados foron os seguintes, por orde desde o máis votado: "La chica de ayer", de Nacha Pop; "Para ti", de Paraíso; "Déjame", de Los Secretos; "Cadillac solitario", de Loquillo y los trogloditas; "Perlas ensangrentadas" e "Ni tú ni nadie", de Alaska; "Groenlandia", de Zombies; "Cuatro rosas", de Gabinete Caligari; "Cuando brille el sol", de La Guardia. Menos votos obtiveron "Noche de lluvia en Madrid", de Los Modelos; "Camino Soria", de Gabinete Caligari; "Insurrección", de El último de la fila; "La mataré", de Loquillo; "Pero a tu lado", de Los Secretos; "Enamorado de la moda juvenil", de Radio Futura; "Espiando a mi vecina", de Un Pingüino en mi Ascensor; "Malos tiempos para la lírica", de Golpes Bajos; "Autosuficiencia", de Parálisis Permanente etc.
Os grupos máis valorados foron: Parálisis Permanente, Alaska y los Pegamoides, Derribos Arias, Pistones, Radio Futura, Los Secretos, Nacha Pop, Gabinete Caligari, Loquillo y los Trogloditas, Paraíso, e Alaska y Dinarama etc.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.