compositor, cantante e produtor musical español From Wikipedia, the free encyclopedia
Camilo Blanes Cortés, máis coñecido artisticamente como Camilo Sesto, nado en Alcoi (Provincia de Alacant) o 16 de setembro de 1946 e finado o 8 de setembro de 2019, foi un compositor, cantante e produtor musical español. Acadou sona pola súa interpretación na ópera-rock Jesucristo Superstar.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2017.) |
(2017) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Camilo Blanes Cortés 16 de setembro de 1946 Alcoi, España |
Morte | 8 de setembro de 2019 (72 anos) Madrid, España |
Causa da morte | insuficiencia renal |
Lugar de sepultura | Alcoi |
Outros nomes | Camilo Sesto |
Actividade | |
Ocupación | cantante, produtor musical, pintor, compositor de cancións, compositor, actor |
Período de actividade | 1964 - 8 de setembro de 2019 |
Membro de | |
Xénero artístico | Balada romántica, música pop e música rock |
Instrumento | Voz, guitarra, Batería e baixo |
Premios | |
Descrito pola fonte | Camilo Sesto, Spain’s Romantic Hitmaker, Is Dead at 72 (en) |
|
Era fillo de Eliseo Blanes e Joaquina Cortés, procedente dunha familia humilde. Iniciouse no mundo da música no coro do seu colexio. A mediados da década de 1960 formou parte do grupo pop Los Dayson, cantando en vodas e bautizos pola comarca, interpretanndo cancións de The Beatles, Bee Gees ou o Dúo Dinámico. Logo de editar un disco, en 1965 viaxan a Madrid para participar no concurso de Televisión Española Salto a la Fama, onde interpretaron "Flamenco", de Los Brincos. Camilo Sesto quedou na capital tras esta actuación, tocando instrumentos e facendo coros para outros músicos. En 1966 Sesto pasou a formar parte de Los Botines, cos que en 1967 participou na rodaxe da versión cinematográfica española de El flautista de Hamelín, protagonizada por Miguel Ríos.
Despois de facer o servizo militar en Almería, e cantar coros para Juan Pardo, en 1970 comezou a súa carreira en solitario como "Camilo Sexto" (con "x"). O propio Juan Pardo produciu o seu primeiro disco, con dous temas: "Llegará el verano" e "Sin dirección". En 1971 modifica o seu nome artístico, pasando ao definitivo "Camilo Sesto". Aparece na Televisión Española como solista interpretando "Buenas noches", adaptación pop da célebre canción de berce de Johannes Brahms.
Na década de 1970 publicou varios discos, e participou en concursos como Canción 71, Festival da Canción do Atlántico en Puerto de la Cruz, o II Festival OTI da Canción ou o Festival de Viña del Mar. En 1975 estreou Jesucristo Superstar no teatro Alcalá-Palace de Madrid, obra orixinal de Andrew Lloyd Webber.
Proseguiu a década de 1980 con numerosas actuacións nos EUA e en Latinoamérica, ao tempo que seguiu compoñendo novos temas e editando discos. Na década de 1990 reduciu notablemente o seu número de actuacións por mor de problemas hepáticos. En 2000 gravou o musical de The Phantom of the Opera, de Andrew Lloyd Webber, se ben non se puido chegar a publicar o CD. Coa chegada de Operación Triunfo, compuxo varios temas para David Bustamante, e en 2002 lanzou o álbum Alma, co sinxelo Mola mazo.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Camilo Sesto |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.