Mosteiro dos Santos Xusto e Pastor de Toxos Outos

construción relixiosa en Toxos Outos, no concello de Lousame From Wikipedia, the free encyclopedia

Mosteiro dos Santos Xusto e Pastor de Toxos Outosmap
Remove ads

O Mosteiro dos Santos Xusto e Pastor de Toxos Outos é un antigo mosteiro, hoxe abandonado, no lugar de San Xusto, no concello de Lousame.

Datos rápidos Tipo, Localización ...
Remove ads

Segundo afirmou Hipólito de Sa

sus bienes comprendian parte de la Mahia, tierra adentro, y por la costa llegaba de Noya a Finisterre, poseía algunos pequeños enclaves en tierras de Rivadavia, Salnés Morrazo y en Portugal, la villa de Paredes...
Remove ads

Historia

Thumb
Fervenza en Toxos Outos.
Thumb
Camposanto.

Foi fundado o 1 de novembro de 1129, trala doazón da ermida de san Xusto a Froila Alonso e Pedro Muniz de Carnota por parte do mosteiro de San Paio de Antealtares o 16 de outubro de 1127. En 1135 foi consagrado polo arcebispo Xelmírez. Afonso VII[1] favoreceuno e eximiuno dos tributos debidos á sé compostelá, o mosteiro tamén gozou da protección a familia dos Condes de Traba. As súas posesións incluían Noia, Lousame, Outes, Muros e tamén 47 igrexas e 17 municipios. Tivo 22 abades entre 1135 e 1498.

Seguindo a reforma monástica feita polos Reis Católicos, o bispo de Tui Diego de Muros mandou irmandalo co mosteiro de Sobrado dos Monxes en 1475, polo que foi incorporado ao mesmo en 1504, e pasou a pertencer á orde do Císter.

Recuperou parte do seu esplendor durante os séculos XVII e XVIII, pero decaeu coas invasións napoleónicas e desapareceu coa desamortización de Mendizábal.[2]

En 1921 o sacerdote da parroquia, con autorización do arcebispado de Compostela, vendeu os restos do claustro románico, do século XIII, ao vizconde de San Alberto, que o instalou no Pazo da Pena do Ouro, preto de Noia.

Nel elaborouse no século XII o Tombo de Toxos Outos, manuscrito famoso polas súas miniaturas.

Remove ads

Notas

Loading content...

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads