especie de planta From Wikipedia, the free encyclopedia
A moreira negra (Morus nigra L.) é unha especie de árbore froiteira orixinaria de Asia occidental (Sur do Cáucaso, Armenia, Irán); e naturalizada en América do Norte (Canadá, Estados Unidos), en Europa e na China, que pertence á familia das moráceas. Foi introducida coma cultivo en toda a conca mediterránea dende a antigüidade polos seus froitos, as amoras, hoxe pouco apreciados. En Galiza non é tradicional o cultivo, atopándose coma ornamental nalgúns xardíns urbanos.
Moreira negra | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Follaxe e froita inmatura | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
'Morus nigra' L. |
A moreira negra é unha árbore monoica que medra a modo e que pode acada os 10 ou 20 m de alto.
As follas son caedizas, alternas, glabras ou lixeiramente pubescentes polo envés. Son xeralmente cordiformes mais poden ser lobuladas. Miden uns 15 cm de longo.
É unha árbore rústica e resistente, que tolera a seca. É autofértil e florea pola primavera. Dá froitos comestíbeis, as amoras, semellantes ás das silveiras, bagas duns 25 mm de diámetro, que manchan moito, febles e de consistencia bastante mol. Chegan á madureza a mediados de agosto, cando se tornan negras. Cómpre consumilas axiña xa que logo perecen.
M. nigra é dexoploide (2n=22x=308), e posúe o maior número de cromosomas entre as fanerógamas[1]. Pode vivir até os 120 anos. Porén, non é raro que a árbore fenda en dous polo peso das pólas máis vellas. O máis común é que a árbore sobreviva aínda así, botando fillos pola base.
Malia que algunhas fontes indican que a moreira branca produce amoras brancas e a negra, amoras negras, isto é falso. A moreira negra bota sempre froitos violetas escuros ou negros, porén a moreira branca pode botar amoras brancas, amarelas, rosadas, violetas ou tamén negras.
En Galiza atópase un exemplar de moreira negra, exactamente en Cangas de Foz, recollido na lista de árbores senlleiras de Galicia, elaborado pola Xunta de Galicia.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.