Mondariz-Balneario

concello da comarca do Condado, na provincia de Pontevedra From Wikipedia, the free encyclopedia

Mondariz-Balneariomap

Mondariz-Balneario é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Condado. Segundo o INE en 2021 tiña 675 habitantes. Cunha superficie de 2,3 km² é o concello máis pequeno de Galicia. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «mondaricense».

Datos rápidos Localización, Capital ...
Mondariz-Balneario
Thumb
Thumb

Localización
Thumb Thumb
 42°13′11″N 8°28′17″O
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
ProvinciaProvincia de Pontevedra
CapitalMondariz-Balneario
Poboación
Poboación711 (2024) (296,25 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie2,4 km²
Altitude758 m
Comparte fronteira con
Organización política
 Alcalde César Gil Bernárdez
Eleccións municipais en Mondariz-Balneario
Identificador descritivo
Código postal36890
Fuso horario
Código INE36031

Sitio webmondarizbalneario.gal
Pechar

Poboación

Máis información Censo total en 2014, 682 habitantes ...
Censo total en 2014 682 habitantes
Menores de 15 anos 86 (12.61 %)
Entre 15 e 64 anos 436 (63.93 %)
Maiores de 65 anos 160 (23.46 %)
Pechar

Historia

No termo municipal hai restos dun poboado castrexo no Coto de Cividade. Da época da romanización consérvanse os restos dunha calzada sobre o río Tea.

O concello está situado preto do castelo de Sobroso, polo que a fonte de Gándara adoitaba recibir a visita da nobreza. Segundo a tradición, en 1282 casaron na capela de San Pedro o rei Dinis de Portugal e a infanta Sabela de Portugal.[Cómpre referencia]

Durante o Antigo Réxime esta zona pertencía á provincia de Tui, unha das sete do Reino de Galiza. Trala reforma administrativa, o 30 de novembro de 1833 a xurisdición de Sobroso pasou a ser dependente da provincia de Pontevedra. O lugar pertencía aínda á parroquia de Mondariz, até que en 1904 se creou a parroquia de Troncoso.

A comezos do século XX o empresario Enrique Peinador promoveu a recuperación da fonte de Gándara e a creación do balneario, que axiña se converteu nun centro de hospedaxe frecuentado pola burguesía.

Após se constituír como entidade local menor, o 30 de novembro de 1924, co nome da Nosa Señora de Lourdes, a parroquia pasou a formar un concello independente, facendo referencia o seu nome ao balneario de augas medicinais. O 17 de abril de 1925 o rei Afonso XIII concedeulle á vila o título de "Moi Hospitalaria".

Galería de imaxes

Thumb

Parroquias

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Mondariz-Balneario

Mondariz-Balneario (Nosa Señora de Lurdes)

Lugares de Mondariz-Balneario

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Mondariz-Balneario vexa: Lugares de Mondariz-Balneario.

Notas

Véxase tamén

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.