matemática serbia From Wikipedia, the free encyclopedia
Mileva Marić (Милева Марић), tamén chamada Mileva Marić-Einstein e Mileva Marić-Ajnštajn, nada en Titel o 19 de decembro de 1875 e finada en Zürich o 4 de agosto de 1948, foi unha matemática serbia, primeira muller de Albert Einstein. Ás veces suxírese que contribuíu no aspecto matemático nas teorías deste.
Nome orixinal | Mileva Marić Ruzić |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | Милева Марић (serbio) 19 de decembro de 1875 Titel, Voivodina, Imperio Austrohúngaro (actual Serbia) |
Morte | 4 de agosto de 1948 (72 anos) Zürich, Suíza |
Lugar de sepultura | Cemetery Nordheim (en) |
Residencia | Smíchov (1911–) Novi Sad |
País de nacionalidade | alemá, suíza e austrohúngara |
Relixión | Cristianismo ortodoxo |
Educación | Universidade de Zürich ETH Zürich Universidade de Heidelberg |
Actividade | |
Ocupación | matemática, física |
Familia | |
Familia | Família Einstein (pt) |
Cónxuxe | Albert Einstein |
Fillos | Lieserl (1902-¿1903?) Hans Albert (1904-1973) Eduard (1910-1965) |
Pais | Miloš Marić e Marija Ružić |
Irmáns | Zorka Marić Miloš Marić |
Parentes | Sofija Golubović, maternal first cousin |
Descrito pola fonte | Obálky knih, Mileva Marić Einstein: Life with Albert Einstein (en) Mileva Einstein-Marić: The woman who did Einstein's mathematics (en) |
Naceu en Titel, Voivodina, pertencente naquel momento ao Imperio Austrohúngaro (hoxe en Serbia), a primeira filla do matrimonio de Milos Marić (1846-1922) e de Marija Ruzić-Marić (1847-1935).[1] Pertencente a unha acomodada familia serbia, o seu pai rematou a súa carreira militar pouco despois do seu nacemento e conseguiu un traballo na capital do Condado de Sirmia, Ruma, onde viviu a familia entre 1877 e 1892.[2] Máis tarde, trasladáronse a Zagreb. A familia tivo outros dous fillos: Zorka (1883-1938) e Miloš (1885-?).
Foi discípula de Nikola Tesla e en 1896 foi a quinta muller que entrou no Instituto Federal Politécnico de Zürich.[3] Alí coñeceu a Einstein, con quen casou en 1903.[4]
Tras o casamento, Mileva sacrificou a súa profesión, axudando a Einstein nun período crucial dos descubrimentos científicos daquel. Tiveron unha filla, Lieserl, nada antes da voda, e dous fillos, Hans Albert, profesor de enxeñería hidráulica en Berkeley e outro, perturbado, do que coidou ata a morte.
No inverno entre 1897 e 1898, en Heidelberg (Alemaña), Mileva quedou cativada polo estudo sobre a relación entre a velocidade dunha molécula e a distancia atravesada entre colisións, escribindo sobre as súas ideas a Einstein. O tema é un elemento relevante no estudo einsteniano sobre o movemento browniano, polo que recibiría o Nobel. Einstein admiraba a independencia intelectual e ambicións de Mileva, da que dixo ser “unha criatura igual a min e tan independente coma min”. A participación que corresponde a Mileva no traballo que se lle asigna a Einstein é fortemente discutida con diversa documentación, onde ás veces Einstein fala de “os nosos traballos" e “a nosa teoría".[4]
A vida de Einstein e a de Mileva, como home e muller, e como científicos, foi desigual: Einstein deixou a Mileva por outra muller e ela pasou o resto da súa vida coidando do seu fillo.[3]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.