Ducado de Milán
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Ducado de Milán, tamén chamado Milanesado ou Estado de Milán, foi durante a Idade Media a principal potencia do norte de Italia.
Ducatus Mediolanensis (la) | |||||
Epónimo | Milán | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Capital | Milán | ||||
Poboación | |||||
Lingua oficial | Lingua lombarda lingua italiana | ||||
Relixión | Igrexa católica | ||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Fundador | João Galeácio Visconti (pt) | ||||
Creación | 11 de maio de 1395 | ||||
Disolución | 17 de outubro de 1797 | ||||
Sucedido por | province of Milan (en) e Golden Ambrosian Republic (en) | ||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | monarquía | ||||
• Duque | Francesco Sforza (pt) (1450–1466) Galeazzo Maria Sforza (pt) (1466–1476) Gian Galeazzo Sforza (pt) (1476–1479) Ludovico Sforza (pt) (1479–1500) João Galeácio Visconti (pt) (1395–1402) Giovanni Maria Visconti (1402–1412) Filip Maria Visconti (pt) (1412–1447) | ||||
Órgano lexislativo | Milan Senate (en) , | ||||
Moeda | Milanese scudo (en) | ||||
O ducado foi creado en 1395 por Gian Galeazzo Visconti, señor de Milán. Cando a dinastía Visconti se extinguiu en 1447, Milán foi declarado unha República, a pesar das pretensións do duque de Orleáns, lexítimo herdeiro. Orleáns foi incapaz de tomar posesión da súa herdanza, pero a República durou pouco. O aventureiro Francesco Sforza, casado cunha filla do último Visconti, tomou Milán en 1450, autoproclamándose duque.
En 1498 o fillo do duque de Orleáns converteuse en rei de Francia como Lois XII e pretendeu facer efectivas as reclamacións do seu pai sobre Milán, invadíndoo e expulsando a Ludovico Sforza en 1499. Este dominio francés durou até 1513, cando forzas suízas repuxeron ao fillo de Ludovico, Massimiliano, no trono. En 1515 os franceses, baixo Francisco I de Francia, venceron na batalla de Marignano, capturando a Massimiliano e retomando o ducado. De novo foron expulsados en 1521; desta vez, as forzas austríacas coroaron ao irmán de Massimiliano, Francesco II Sforza.
Despois da decisiva derrota francesa na Batalla de Pavia (1525), que deixou a Carlos I de España como principal forza en Italia, Francesco uniuse á Liga de Cognac, xunto ás repúblicas de Venecia, Florencia, o papa Clemente VII e os franceses en contra de Carlos V. Isto levou á rápida expulsión de Francesco de Milán por forzas imperiais, aínda que mantivo algún control sobre outras cidades do ducado, e acabou recuperando Milán polo Tratado de Cambrai (1529).
Cando Francesco morreu sen herdeiros en 1535, abriuse unha pugna entre Francisco I de Francia e o emperador Carlos V pola súa sucesión. Despois varias guerras, o emperador anexionou o ducado, investindo ao seu fillo Filipe como duque. Finalmente, o Tratado de Cateau-Cambrésis de 1559 recoñeceu a anexión do Milanesado por parte de España.
O ducado de Milán seguiu sendo español até a Guerra de Sucesión Española, no século XVIII. Despois da morte de Carlos II herdou as súas posesións Filipe de Anjou, ao que se opuxo o Arquiduque Carlos de Austria quen tamén tiña pretensións á coroa española.
O 26 de setembro de 1706 as tropas austríacas tomaron Milán, que pasou a mans do Arquiduque de Austria. Esta situación de dominación austríaca confirmouse legalmente no Tratado de Utrecht. O ducado foi definitivamente ratificado como posesión dos Habsburgo polo Tratado de Baden de 1714.
Así permaneceu até a súa conquista por parte de Napoleón Bonaparte, durante as Guerras napoleónicas, en 1796. O ducado foi cedido polo Tratado de Campoformio á nacente República Cisalpina.
A restauración, despois do Congreso de Viena, significou o seu retorno a Austria, aínda que pronto foi obxectivo do nacionalismo italiano, sendo conquistado polo reino do Piemonte durante as guerras que levaron á unificación italiana.
A seguinte é unha lista dos gobernantes de Milán desde o século XIII até 1859, cando Milán e o resto da Lombardía foron incorporados ao Reino de Piemonte-Sardeña.
Nome | Mandato | Notas |
---|---|---|
Señores de Milán, casas de della Torre (tamén coñecida como Torriani) e Visconti (1197–1395) | ||
Pagano I della Torre | 1197–1241 | |
Pagano II della Torre | 1247–1257 | |
Manfredo Lancia | 1253–1256 | |
Martín della Torre | 1257–1259 | |
Oberto Pelavicino | 1259–1264 | |
Filipe della Torre | 1263–1265 | |
Napoleón della Torre | 1265–1277 | |
Otón Visconti, Arcebispo de Milán | 1277–1294 | |
Mateo I Visconti | 1294–1302 | |
Guido della Torre | 1302–1311 | |
Mateo I Visconti | 1311–1322 | (reposto) |
Galeazzo I Visconti | 1322–1327 | |
Azzone Visconti | 1329–1339 | |
Luchino Visconti | 1339–1349 | |
Giovanni Visconti, Arcebispo de Milán | 1349–1354 | |
Mateo II Visconti | 1349–1355 | |
Galeazzo II Visconti | 1349–1378 | |
Bernabé Visconti | 1349–1385 | |
Gian Galeazzo Visconti | 1378–1395 | |
Duques de Milán, casa de Visconti (1395–1447) | ||
Gian Galeazzo Visconti | 1395–1402 | |
Giovanni Maria Visconti | 1402–1412 | Fillo de Gian Galeazzo; asasinado |
Filipe María Visconti | 1412–1447 | Irmán de Gian María |
República Ambrosiana (1447–1450) | ||
República Ambrosiana | ||
Duques de Milán, casa de Sforza (1450–1499) | ||
Francisco I Sforza | 1450–1466 | casado cunha filla de Filipe María |
Galeazo María Sforza | 1466–1476 | Fillo de Francisco |
Gian Galeazzo Sforza | 1476–1494 | Fillo de Galeazzo María |
Ludovico Sforza | 1494–1499 | fillo de Francisco |
Duques de Milán, alternancia das casas de Sforza e Valois - guerras hispano-francesas de Milán (1499–1540) | ||
Lois XII de Francia | 1499–1500 | neto de Valentina, filla de Gian Galeazzo Visconti |
Ludovico Sforza | 1500 | (reposto) |
Lois XII de Francia | 1500–1512 | (reposto) |
Maximiliano Sforza | 1512–1515 | fillo de Ludovico |
Francisco I de Francia | 1515–1525 | bisneto de Valentina |
Francisco II Sforza | 1525–1535 | fillo de Ludovico, irmán de Maximiliano |
Duques de Milán, casas de Austria e de Borbón - goberno español (1540–1706) | ||
Filipe II de España | 1540–1598 | Despois da morte de Francisco II, o emperador Carlos V reclamou o ducado para o seu fillo Filipe. |
Filipe III de España | 1598–1621 | fillo de Filipe II |
Filipe IV de España | 1621–1665 | fillo de Filipe III |
Carlos II de España | 1665–1700 | fillo de Filipe IV |
Filipe V de España | 1700–1706 | bisneto de Filipe IV |
Duques de Milán, casa de Habsburgo - goberno austríaco (1706-1797) | ||
Carlos VI | 1706–1740 | bisneto de Filipe III |
María Tareixa I de Austria | 1740–1780 | filla de Carlos VI |
Xosé II de Habsburgo | 1780–1790 | fillo de María Teresa |
Leopoldo II de Austria | 1790–1792 | irmán de Xosé II |
Francisco I de Austria | 1792–1797 | fillo de Leopoldo II |
República Cisalpina (1797–1799) | ||
República Cisalpina | ||
Duques de Milán, casa de Habsburgo - goberno austríaco (1799-1800) | ||
Francisco I de Austria | 1799–1800 | (reposto) |
Comisión Imperial do conde de Mantua | 1800 | |
República Cisalpina restaurada (1800–1805) | ||
Comisión Extraordinaria de Goberno | 1800–1802 | |
Napoleón Bonaparte | 1802–1805 | Presidente da República Cisalpina |
Reis de Reino de Italia, casa Bonaparte - goberno francés (1805-1814) | ||
Napoleón Bonaparte | 1805–1814 | previamente Presidente da República Cisalpina |
Eugène de Beauharnais | 1805–1814 | Vicerri do Reino de Italia |
Reis de Lombardía-Venecia, casa de Habsburgo - goberno austríaco (1814-1859) | ||
Francisco I de Austria | 1814–1835 | previamente Duque de Milán |
Príncipe Henrique XV Reuss zu Plauen | 1814–1815 | Vicerrei de Francisco I |
Conde Federico Henrique von Bellegarde | 1815–1816 | Vicerrei de Francisco I |
Arquiduque Antón Vítor de Austria | 1816–1818 | Vicerrei de Francisco I |
Arquiduque Rainiero de Austria | 1818–1835 | Vicerrei de Francisco I |
Fernando I de Austria | 1835–1848 | fillo de Francisco I |
Arquiduque Rainiero de Austria | 1835–1848 | Vicerrei de Fernando I |
Francisco Xosé I de Austria | 1848–1859 | primo de Fernando I |
Conde Joseph Radetzky von Radetz | 1848–1857 | Vicerrei de Francisco Xosé |
Arquiduque Maximiliano de Austria | 1857–1859 | Vicerrei de Francisco Xosé |
Conde Ferencz Gyulai | 1859 | Vicerrei de Francisco Xosé |
Baron Heinrich Hermann von Hess | 1859 | Vicerrei de Francisco Xosé |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.