From Wikipedia, the free encyclopedia
Xosé II (nome completo Joseph Benedikt Anton Michael Adam), nado o 13 de marzo de 1741 no Pazo de Schönbrunn (Austria) e finado o 20 de febreiro de 1790 en Viena (Austria), foi Emperador do Sacro Imperio Romano entre 1765 e 1790 e rexente das posesións dos Habsburgo entre 1780 e 1790.
Xosé foi o fillo máis vello da arquiduquesa María Tareixa e do emperador Francisco I, e irmán de María Antonieta raíña de Francia, así como do que sería o seu sucesor Leopoldo II. Foi elixido Rei de romanos en 1764 e Emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico en 1765. Comezou a reinar xunto á súa nai pero non obtivo o goberno efectivo ata a morte desta en 1780 á que sucedeu como rei de Hungría e de Bohemia.
Considérase un dos representantes do despotismo ilustrado, gobernou apoiado e influído polo seu chanceler de Estado Kaunitz. Mostrou interese polas ideas enciclopedistas. Intentou modernizar, impulsar e racionalizar o funcionamento da administración cun programa de reformas co obxectivo de construír un Estado unitario centralizado co alemán como lingua administrativa.
Iniciouse unha política de liberalización comercial, fomentouse o desenvolvemento da "industria" e unificouse o sistema fiscal, iniciativas baseadas en ideas mercantilistas coas que se tratou de impulsar a economía. Aboliu a servidume e as corporacións ao dar garantías aos campesiños sobre a propiedade permitindo a súa emancipación. Púxose fin ás prestacións de traballo entre campesiños, sentou as bases da tolerancia relixiosa ao poñer fin ás persecucións de ortodoxos e protestantes, mellorouse e secularizou a educación e creáronse novas universidades. Durante a Primeira Repartición de Polonia, en 1772, anexionou Galitzia aos dominios dos Habsburgo en contra da opinión da súa nai.
O 29 de novembro de 1780 subiu ao trono húngaro trala morte da súa nai María Teresa. Con todo, pola súa propia decisión, José II non se fixo coroar e tampouco fixo o xuramento do monarca ante os húngaros. Deste xeito non estaba comprometido a respectar as leis que protexían aos húngaros do poder absoluto do monarca de quenda. Ante isto, foi alcumado "O rei Asombrerado " (en húngaro "kalapos király"), posto que non usou a coroa húngara senón só chapeus.
Pronto estendeu a súa influencia sobre os reinos baixo o seu control e levou a cabo reformas educativas e eclesiásticas, e en 1784 ordenando que o idioma alemán fose a lingua oficial en Hungría,[1] o que xerou gran descontento entre a nobreza e campesiñado húngaro. José II enfrontouse a suecos e otománs. A estes últimos, en 1785, arrebatoulles Bukovina. Ideou a anexión de Baviera pero a resistencia de Prusia e o resultado da Guerra de sucesión bávara impedíronllo. Estreitou as relacións con Rusia á que apoiou fronte a Turquía nunha guerra na que o territorio austríaco foi invadido.
Foi contemporáneo de Wolfgang Amadeus Mozart, o soado compositor. Así mesmo Beethoven escribiu a cantata auf dean Tod Kaiser Josephs II na súa memoria.
Xosé II casou en dúas ocasións:
A primeira coa princesa Isabel de Borbón-Parma, filla do duque Filipe I de Parma e da princesa Luísa Isabel de Borbón, de quen estivo profundamente namorado e coa que tivo dúas fillas:
Tralo falecemento de Isabel, a súa primeira esposa, casou coa súa curmá Xosefa de Baviera (1739-1767), filla de Carlos Alberto, elector de Baviera e da arquiduquesa María Amelia (unha curmá de María Tareixa I de Austria). A este segundo matrimonio accedeu de moi mala gana e preferise casar coa infanta María Luísa de Parma, irmá máis nova da súa falecida Isabel, pois se lle parecía fisicamente, pero esta xa se atopaba comprometida co futuro Carlos IV de España. Non tiveron fillos.
Como a Xosé II non lle sobreviviron fillos varóns sucedeulle o seu irmán Leopoldo II.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.