Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
Francisco I de Austria, Francisco Xosé Carlos de Habsburgo-Lorena (en alemán: Franz Joseph Karl von Habsburg-Lothringen) nado o 12 de febreiro de 1768 en Florencia, Gran Ducado de Toscana, e finado o 2 de marzo de 1835 en Viena, foi o derradeiro portador do milenario título de emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico (1792-1806) baixo o nome de Francisco II,[1] e o primeiro emperador de Austria (1804-1835), co nome de Francisco I.[1]
Nacido o 12 de febreiro de 1768 en Florencia, capital do Gran Ducado de Toscana, era fillo de Leopoldo II, emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico e da infanta de España María Luísa de Borbón, que naquel momento eran os grandes duques de Toscana.
Francisco era neto por vía paterna de Francisco de Lorena, duque de Lorena, gran duque de Toscana e emperador do Sacro Imperio (Francisco I) e da arquiduquesa María Tareixa I de Austria. Por vía materna os seus avós eran o rei Carlos III de España e a princesa María Amalia de Saxonia.
O aínda arquiduque Francisco de Austria contraeu matrimonio en primeiras nupcias coa duquesa Isabel Guillermina de Württemberg, filla do duque Frederico II Uxío de Württemberg e da margravina Frederica de Brandeburgo-Schwedt. A voda tivo lugar a en Viena o 6 de xaneiro de 1788. A parella tivo unha única filla:
A duquesa Isabel de Württemberg morreu en Viena o 18 de febreiro de 1790 a consecuencia do parto da súa única filla.
Meses despois, o 15 de agosto de 1790, contraeu matrimonio por procuración en Nápoles coa súa prima irmá María Tareixa das Dúas Sicilias, filla de Fernando I das Dúas Sicilias e de María Carolina de Austria, ratificándose o casamento en Viena o 19 de setembro de 1790. Francisco e María Tareixa eran primos irmáns duplos, xa que Fernando I era irmán de María Luísa de Borbón, infanta de España, e María Carolina de Austria érao do emperador Leopoldo II.
A parella tivo trece fillos:[2]
Meses despois, Francisco contraeu terceiras nupcias coa arquiduquesa María Luísa de Austria-Este en Viena o día 6 de xaneiro de 1808. María Luísa era filla do duque Fernando III de Módena e da princesa María Beatriz de Este. A parella non tivo descendencia e María Luísa falecía en Viena o 7 de abril de 1816.
Francisco casou en cuartas nupcias coa princesa Carolina de Baviera, filla do rei Maximiliano I Xosé de Baviera e da landgravina Augusta de Hessen-Darmstadt. A parella contraeu matrimonio en Múnic o 29 de outubro de 1816. Carolina estivera casada co rei Guillerme I de Württemberg, matrimonio que anulara a Igrexa. A parella non tivo descendencia.
Á súa morte, o 2 de marzo de 1835 en Viena, sucedeulle o seu fillo Fernando I.
Durante o seu mandato, a súa man dereita foi Metternich, condutor do Congreso de Viena, cuxa relevante xestión devolveu á coroa austríaca os territorios seus que foran ocupados.
Francisco, que era un convencido reaccionario, asentou o seu poder sobre medidas de represión policíaca e censura, para conxurar a ameaza do liberalismo. Nesa tarefa contou coa axuda inestimable de Metternich, con quen chegou a identificarse plenamente nos anos finais do reinado.
Tras a caída do rei Lois XVI de Francia, o Imperio participou de forma destacada nas sucesivas coalicións contra a Francia revolucionaria, saldadas con perdas territoriais para o emperador.
Posteriormente viuse inmerso co resto do continente no conflito contra Napoleón Bonaparte. Participou no Congreso de Viena e asociouse coa Santa Alianza.
En 1804 Francisco I tomara o título de Emperador de Austria, e o 6 de agosto de 1806 decretara a desaparición do Sacro Imperio Romano Xermánico, que rexera dende 1792, coa clara intención de impedir que Napoleón Bonaparte' se apropiase do título e a lexitimidade histórica que este levaba consigo.[2]
O Imperio austríaco era o resultado da acumulación dunha serie de posesións territoriais entre as que, á parte dos propios territorios austríacos, había que engadir os reinos de Hungría, Bohemia e Dalmacia, as provincias italianas da Lombardía e Venecia, a zona de Galitzia e Cracovia, e os ducados de Salzburgo e Bucovina.
Tras a celebración do matrimonio entre a súa filla María Luísa de Habsburgo-Lorena con Napoleón en 1810, o Imperio austríaco mantívose ao lado de Francia durante un período.
Porén, finalmente, en 1813, Francisco I tivo que aliarse con Prusia e Rusia para facer fronte á pretendida hexemonía de Napoleón sobre Europa, alianza que se mantivo ata a derrota definitiva do emperador francés na batalla de Waterloo en xuño de 1815.
Predecesor: Leopoldo II |
Emperador electo do Sacro Imperio Romano Xermánico 1792 – 1806 |
Sucesor: Desaparición do título (Francisco de Habsburgo, Rei de Austria) |
Predecesor: Leopoldo II |
Rei de Hungría e Bohemia Arquiduque de Austria 1792 – 1835 |
Sucesor: Fernando V |
Predecesor: Leopoldo II |
Duque de Milán e Mantua 1792–1796 |
Sucesor: Amministrazione generale della Lombardia |
Predecesor: República Cisalpina |
Duque de Milán e Mantua 1799–1800 |
Sucesor: República Cisalpina |
Predecesor: — |
Emperador de Austria 1804 – 1835 |
Sucesor: Fernando I |
Predecesor: — |
Rei da Lombardía-Venecia 1815 – 1835 |
Sucesor: Fernando I |
16. Carlos V de Lorena | ||||||||||||||||
8. Leopoldo I de Lorena | ||||||||||||||||
17. Leonor María Xosefa de Habsburgo | ||||||||||||||||
4. Francisco de Lorena | ||||||||||||||||
18. Filipe I de Orleans | ||||||||||||||||
9. Isabel Carlota de Borbón-Orleáns | ||||||||||||||||
19. Isabel Carlota do Palatinado | ||||||||||||||||
2. Leopoldo II do Sacro Imperio Romano Xermánico | ||||||||||||||||
20. Leopoldo I de Habsburgo | ||||||||||||||||
10. Carlos VI do Sacro Imperio Romano Xermánico | ||||||||||||||||
21. Leonor Magdalena do Palatinado-Neoburgo | ||||||||||||||||
5. María Tareixa I de Austria | ||||||||||||||||
22. Lois Rodolfo de Brunswick-Luneburgo | ||||||||||||||||
11. Isabel Cristina de Brunswick-Wolfenbüttel | ||||||||||||||||
23. Cristina Luísa de Oettingen-Oettingen | ||||||||||||||||
1. Francisco I de Austria | ||||||||||||||||
24. Lois de Francia, o Gran Delfín | ||||||||||||||||
12. Filipe V de España | ||||||||||||||||
25. María Ana Cristina de Baviera | ||||||||||||||||
6. Carlos III de España | ||||||||||||||||
26. Eduardo II Farnesio | ||||||||||||||||
13. Isabel de Farnesio | ||||||||||||||||
27. Dorotea Sofía de Neoburgo | ||||||||||||||||
3. María Luísa de Borbón | ||||||||||||||||
28. Augusto II de Polonia | ||||||||||||||||
14. Augusto III de Polonia | ||||||||||||||||
29. Cristiana Eberardina de Brandeburgo-Bayreuth | ||||||||||||||||
7. María Amalia de Saxonia | ||||||||||||||||
30. Xosé I de Habsburgo | ||||||||||||||||
15. María Xosefa de Austria | ||||||||||||||||
31. Guillermina de Hannover | ||||||||||||||||
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.