Miguel González Bastón, coñecido simplemente como Bastón, nado en Marín o 29 de xuño de 1961, é un exfutbolista galego que xogaba de porteiro. Histórico capitán do Real Burgos, defendeu a súa portería durante unha década en catro categorías diferentes, sendo unha peza destacada en todos os ascensos dende a Terceira ata a Primeira División.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Modelo:BiografíaMiguel Bastón
Thumb
Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento29 de setembro de 1961 Editar o valor en Wikidata (63 anos)
Marín, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoGardameta Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
  Atlético de Madrid
1980–1984   Atlético de Madrid B 11(0)
1984–1994 Real Burgos Club de Fútbol 132(0)
Pechar

É pai do tamén futbolista Borja Bastón.

Traxectoria

Comezos (1961-1984)

Fillo dun rianxeiro de Taragoña, naceu en Marín o 29 de xuño de 1961.[1] Formouse como futbolista no Marín CF da súa vila natal, fichando aos 17 anos polo Atlético de Madrid.[2][3][4] Xogou no equipo xuvenil do equipo madrileño e pasou polos dous filiais do club, en Terceira División e en Segunda B, pero sen chegar a debutar co primeiro equipo.[5]

Unha década no Burgos (1984-1994)

En 1984 fichou polo Real Burgos, da Terceira División. Foi titular nos 38 partidos da tempada e acabou como campión do seu grupo e como o gardameta menos goleado de todas as categorías do fútbol nacional, con só 13 goles encaixados.[6] O equipo burgalés, adestrado por García Verdugo, disputou a fase de ascenso a Segunda B, desfacéndose na primeira eliminatoria do San Martín asturiano. Na segunda e definitiva eliminatoria, o rival foi o Huesca, ao que o Burgos derrotou pola mínima no partido de ida no Plantío. No partido de volta, disputado nun ateigado Alcoraz, Bastón conseguiu manter a portería a cero, detendo os numerosos disparos do Huesca, e mantendo a concentración a pesar dos petardos e as pedras que lle lanzaron algúns afeccionados oscenses. A súa actuación foi determinante para que o club lograse aquel histórico ascenso, e o gardameta foi alcumado "o heroe de Huesca".[6][7]

Só dous anos despois, o club conseguiu o ascenso á Segunda División, sendo Bastón de novo o gardameta menos goleado da categoría, con só 20 goles encaixados en 42 partidos. Continuou coa titularidade na portería burgalesa durante as seguintes tres tempadas en Segunda, e na terceira delas (1989/90), co galego Naya no banco, o club proclamouse campión da categoría e logrou un histórico ascenso á Primeira División. O capitán Bastón recibiu o Trofeo Zamora como o porteiro menos goleado, despois de ter recibido 24 goles en 38 partidos.[1]

Debutou en Primeira ao mesmo tempo que o club, na primeira xornada da tempada 1990/91 contra o Cádiz no Plantío, partido que rematou con vitoria burgalesa tras un solitario gol do iugoslavo Barbarić. Porén, Bastón xogou só 10 partidos de liga na máxima categoría en tres anos, tras facerse coa titularidade Agustín Elduayen. Recuperou a regularidade na portería na primeira metade da tempada 1993/94, na que disputou 18 partidos, co equipo de novo en Segunda. O club burgalés, afogado economicamente, acabou descendendo ese ano á Segunda B, e foi excluído das competicións para a seguinte campaña.

Portugal e Dinamarca (1994-1996)

Bastón fichou entón polo Chaves, da Primeira Liga portuguesa, co que disputou 19 partidos durante a campaña 1994/95. En marzo de 1996 asinou un contrato dun mes co Ikast FS, derradeiro clasificado da Superliga de Dinamarca, para substituír o lesionado Jan Rindom.[8]

Trala retirada (1996-actualidade)

Pouco despois de colgar as luvas regresou ao Atlético de Madrid para exercer como adestrador de porteiros. No club madrileño xogou o seu fillo Borja, que comezou tamén como gardameta, pasando logo a posicións ofensivas.[4]

Palmarés

Real Burgos

Individual

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.