futbolista español From Wikipedia, the free encyclopedia
Francisco Javier García-Verdugo Garrido, nado en Madrid o 6 de xullo de 1934 e finado en Talavera de la Reina o 9 de xuño de 2017,[1] foi un futbolista e adestrador de fútbol español. Ocupaba as posicións de defensa central e medio volante e xogou en tres clubs da Primeira División (Valladolid, Valencia e Deportivo da Coruña), así como en varios de Segunda. Como adestrador dirixiu tanto na Segunda División como na Terceira, conseguindo dous ascensos á categoría de prata con Tenerife e Real Burgos e o primeiro ascenso á Primeira División da historia do Rayo Vallecano.
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 6 de xullo de 1934 Madrid, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Morte | 9 de xuño de 2017 (82 anos) Talavera de la Reina, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Datos persoais | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
País de nacionalidade | España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista , adestrador de fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1950 - 1967 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Lingua | Lingua castelá | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Defensa | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Naceu en Madrid, sendo o décimo fillo de Carlos García-Verdugo Menoyo, fundador do primeiro centro de ensinanza media de Talavera de la Reina, o colexio Cervantes.[2] Criouse en Talavera e deu os seus primeiros pasos como futbolista no propio colexio Cervantes, pasando logo ao Talavera. Aos 16 anos debutou co primeiro equipo, no que xogou dous anos, antes de militar durante unha tempada no Toledo.
Na tempada 1953/54 fichou polo Logroñés, co que debutou na Segunda División, disputando 21 encontros. O seu bo nivel na Rioxa propiciou a súa contratación por parte do Atlético de Madrid de Quincoces, co que, con todo, non chegou a debutar, saíndo finalmente en novembro rumbo ao Zaragoza. Despois de disputar oito partidos co equipo aragonés, xogou entre 1955 e 1958 no Xerez, club onde atopou a regularidade, ao disputar un total de 80 partidos oficiais e de marcar 7 goles, ocupando habitualmente a posición de centrocampista. Tralo descenso do equipo á Terceira División, asinou polo Cádiz, no que militou dúas tempadas, atrasando a súa posición ata a de defensa central.
Na tempada 1960/61 pasou ao Valladolid, co que realizou a súa estrea na Primeira División. Titular indiscutible durante tres campañas, viviu un descenso a Segunda e un ascenso só un ano despois. A continuación xogou no Valencia entre 1963 e 1966,[3] cun intervalo dunha tempada que foi cedido ao Sabadell, de Segunda. En maio de 1966 fichou polo Deportivo da Coruña, ao que chegou xunto aos tamén exvalencianistas Sánchez Lage e Suco.[4] Só puido disputar nove partidos ás ordes de Orizaola antes de que unha lesión de xeonllo puxese fin á súa carreira.[5]
Comezou a súa traxectoria como adestrador no Talavera, ao que dirixiu só uns meses, antes de chegar ao banco do Tenerife no verán de 1969, co obxectivo de devolver o equipo canario á Segunda División.[6] A pesar de recibir varios ultimatos pola falta de bos resultados, continuou no banco e conseguiu o ascenso ao remate da tempada 1970/71. Dirixiu o equipo tamén na categoría de prata, ata que foi destituído en xaneiro de 1972, despois de só tres vitorias nos primeiros 15 encontros.[7]
Tras adestrar brevemente ao Salamanca, pasou polos bancos do Córdoba e Gimnàstic, ambos de Segunda, sendo cesado antes do remate da tempada en ambas ocasións. Na campaña 1976/77 dirixiu o Rayo Vallecano, guiándoo ata o primeiro ascenso á Primeira División da súa historia, despois de manterse invicto como local.[8] Entre 1977 e 1979 adestrou a Osasuna, tamén na segunda categoría.
Para a tempada 1979/80 fichou polo Deportivo da Coruña. Aínda que comezou con sete derrotas nos primeiros dez partidos, ocupando a penúltima praza da Segunda División, conseguiu remontar ata o décimo lugar na xornada 20, cun equipo que lideraban no campo Paco Buyo e José Luis Vara.[5] Con todo, unha mala serie de resultados devolveu o equipo aos postos de descenso, e o adestrador foi destituído a falta de oito xornadas.[5]
En 1981 baixou á Terceira División para adestrar durante unha campaña o Deportivo Aragón, filial do Real Zaragoza, ao tempo que exercía as funcións de segundo adestrador de Leo Beenhakker no primeiro equipo. En 1984 converteuse no segundo adestrador da historia do Real Burgos, club fundado un ano antes e ao que conseguiu ascender ata a Segunda División B. Pechou a súa carreira no mesmo club no que a comezara, o Talavera, ao que adestrou na Terceira División.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.