nome masculino de varón From Wikipedia, the free encyclopedia
Miguel[1][2] é un nome propio masculino galego. A súa orixe é o hebreo מיכאל (mi-ka-el), que significa ‘Quen coma Deus?’, formado por mi ‘quen’, ka ‘como’ e o elemento divino El ‘Deus’, (referíndose a Elohim, proveniente á súa vez do deus ugarítico El). O nome úsase tanto na relixión hebraica, coma na cristiá (católica, anglicana e ortodoxa) e no islam.
En xaneiro de 2023 existían 12.381 varóns en Galicia co nome Miguel, cunha media de idade de 38,7 anos.[3]
É o nome do arcanxo Miguel, polo que adoita aparecer na forma Miguel Anxo. Este arcanxo é para os hebreos o primeiro dos anxos, sendo o arcanxo por excelencia por mor da súa vitoria fronte aos anxos rebeldes.
O apelido patronímico en Galiza deu a forma Míguez ou Migues (en Castela deu porén Miguélez).
O nome Miguel é e foi popular en Galicia, multitude de parroquias teñen a Miguel Arcanxo como patrón (véxase: Parroquias de Galicia baixo a advocación de San Miguel).
En Galicia, aparece nos rexistros do século XV coas formas: Miguel, Migeel ou Miguell.
Míguez ou Migues é o apelido patronímico galego do nome Miguel. En castelán deu Miguélez. Practicamente só aparece en Galicia e provincias onde os galegos emigraron. En setembro de 2015, 11.894 galegos tiñan este apelido[4].
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.