lingua romance do grupo ibérico occidental From Wikipedia, the free encyclopedia
O asturiano[2] (asturianu) é unha lingua románica pertencente ao subgrupo asturleonés, e derivada directamente do latín. É a lingua tradicional do Principado de Asturias[3]. É unha lingua próxima filoxeneticamente ao galego debido a certas características comúns como a conservación do F inicial latino.
Asturiano asturianu | ||
---|---|---|
Falado en: | Asturias | |
Total de falantes: | 550.000 (100.000 de lingua materna) | |
Posición: | Non está entre as 100 primeiras | |
Familia: | Indoeuropea Itálica Románica Italo-occidental Occidental Galo-ibérica Ibero-románica Asturleonés Asturiano | |
Status oficial | ||
Lingua oficial de: | Non é oficial. Recoñecido en Asturias. | |
Regulado por: | Academia de la Llingua Asturiana | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | -- | |
ISO 639-2: | ast | |
SIL: | ast
| |
Mapa | ||
Status | ||
Outro dos nomes utilizados tradicionalmente para esta lingua é o de bable[4][5], pero en realidade trátase dun heteroglotónimo despectivo procedente da locución "bla, bla". Os procesos de normativización e estandarización da lingua lévaos a cabo a Academia de la Llingua Asturiana.
Forma parte do subgrupo ibero-románico nomeado asturleonés, formado polo asturiano, o leonés e o mirandés. Segundo a clasificación, é unha lingua indoeuropea, itálica, romance e iberorromance.
Segundo o estudo Los Asturianos y la Lengua Asturiana. Estudio Sociolingüístico para el Principado de Asturias (Oviedo, 1994), do profesor da Universidade do País Vasco Francisco Llera Ramo, en Asturias habería 100.000 falantes nativos, ós cales hai que engadir 450.000 máis que usan o asturiano como segunda lingua, podendo falalo e entendelo. Nese estudo cóntanse uns 50.000 falantes de asturiano central, 30.000 de occidental e 20.000 de oriental.
O dominio do asturiano esténdese por todo o territorio, se ben na franxa máis occidental de Asturias se fala galego de Asturias, aínda que o goberno asturiano e a Academia de la Llingua Asturiana prefire denominalo galego-asturiano.
O sistema vocálico do asturiano distingue cinco fonemas, con tres graos de abertura (mínima, media e máxima) e tres posicións de articulación (central, anterior e posterior).
anteriores (palatais) | centrais | posteriores (velares) | |
vogais pechadas (apertura mínima) | i | - | u |
vogais medias (apertura media) | e | - | o |
vogais abertas (apertura máxima) | - | a | - |
labiais | dentais | alveolares | palatais | velares | |
oclusivas xordas | p | t | - | t͡ʃ | k |
oclusivas sonoras | b | d | - | ʝ | g |
fricativas | f | θ | s | ʃ | - |
nasais | m | - | n | ɲ | - |
laterais | - | - | l | ʎ | - |
vibrantes | - | - | ɾ / r | - | - |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.