From Wikipedia, the free encyclopedia
Un organismo microaerófilo é un microorganismo que necesita oxíxeno par vivir, pero require ambientes que só conteñan niveis de oxixeno inferiores aos que existen na atmosfera terrestre (é dicir, <21% O2; tipicamente entre o 2 e o 10% O2) ; a niveis de oxíxeno máis altos non poden vivir.[1][2] Moitos microaerófilos son tamén capnófilos, xa que necesitan unha elevada concentración de dióxido de carbono (por exemplo, do 10% de CO2 no caso de especies de Campylobacter).[3]
Os microaerófilos poden ser cultivados en recipientes con candeas. Estes recipientes conteñen unha candea que se encende antes de selar hermeticamente a súa tapa. O lume da candea arde ata que se apaga ao consumirse o oxíxeno que contiña o recipiente, creando unha atmosfera rica en dióxido de carbono pero pobre en oxíxeno.[4] Outros métodos de crear un ambiente microanaerobio son o uso dun xerador de gas e o intercambio de gases.[3]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.