Micoloxía
ciencia que estuda os fungos From Wikipedia, the free encyclopedia
ciencia que estuda os fungos From Wikipedia, the free encyclopedia
A micoloxía é a ciencia que estuda os fungos. Os micólogos pescudan a Taxonomía, sistemática, morfoloxía, fisioloxía, bioquímica, utilidades, e os efectos benéficos e prexudiciais das especies de fungos, que poden ser parasitos, saprófitos ou decompositores.
A historia do cultivo de cogomelos naceu hai miles de anos en Oriente, os chineses foron os precursores do cultivo de cogomelos para consumilos como alimento e tamén como meneciñaa, xa que moitos teñen interesantes propiedades medicinais, mesmo os máis populares que atopamos na actualidade no supermercado como o champiñón ou os Pleurotus, etiquetados por erro en ocasións como “cogomelo de cardo”. Xaponeses e mexicanos tamén foron dos primeiros en cultivar cogomelos, sen métodos científicos e con resultados moi desiguais. A Europa chegou a partir do ano 1600. Os franceses foron os primeiros en cultivar o champiñón no século XVIII e por iso ao Agaricus bisporus se lle deu como nome popular champiñón de París.
A Galiza non chegaría o cultivo de cogomelos para consumo masivo até o século pasado, circunstancia na que seguro tivo que ver a micofobia existente en Galiza que se arrastra até a actualidade. Hoxe atopamos cogomelos frescos, secos, en tarro... todo o ano. Cultívanse distintas variedades de Pleurotus como: o pleuroto (P. Ostreatus), (Pleurotus Cornucopiae) (pleuroto escuro), Pleurotus citrinopileatus (pleuroto tropical amarelo), Pleurotus eryngii (pleuroto de cardo), Pleurotus pulmonarius, Agaricus bisporus (champiñón común) e incluso variedades en ensaio, menos populares, como Coprinus comatus (matacandil) ou Lepista nuda (pé azul)[1].
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.