cogomelo máis empregado entre os fungos comestíbeis From Wikipedia, the free encyclopedia
O champiñón común ou champiñón de París[1], (do francés champignon) (Agaricus bisporus) é unha especie de fungo basidiomiceto da familia Agaricales, cultivado extensamente para o seu uso en gastronomía. É o cogomelo máis empregado entre os fungos comestíbeis, prestándose en numerosas formas de consumo. Malia a micofobia galega tradicional, o consumo e cultivo do champiñón é común en Galiza hoxe en día[2].
Champiñón común | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
Agaricus bisporus (J.E.Lange) Imbach, 1946 | |||||||||||||||||
Variedades cultivares | |||||||||||||||||
|
A. bisporus presenta un chapeu arredondado e lixeiramente achatado na parte superior. Durante o proceso de crecemento, este se atopa unido ao pé por medio dun anel simple, é dicir virado só cara a base; contra o final da fase de desenvolvemento abre, co que quedan á vista as lamelas típicas das agaricáceas. Estas están ceibas do pé, e co tempo tornan gradualmente dunha cor rosada a unha parda escura. O chapeu pode acadar os 18 cm de diámetro, e o pé até oito de longo e tres de diámetro.
O trazo distintivo de A. bisporus é microscópico: as súas esporas (que miden de 5,5 a 8,5 por 4 a 6,5 µ), de forma elíptica, preséntanse dúas por cada basidio, no canto de catro como é habitual noutros Agaricus.
A variedade cultivada máis frecuentemente, A. bisporus var hortensis, é de cor branca en toda a súa superficie; a carne presenta algúns matices rosados. Esta variedade, orixinaria de Pensilvania —onde un granxeiro a obtivo mediante unha mutación ao chou— desprazou virtualmente do mercado, pola súa mellor adapción á conservación, á orixinal A. bisporus var brunnescens. Dependendo do punto de maduración co que se comercializa, esta última véndese baixo o nome de portobello —máis grande e desenvolvido— ou crimini —en etapa xuvenil—; adoitan presentar un maior tamaño que o mutante branco, e un chapeu é máis largo e achatado, destinándose especialmente ao consumo inmediato.
Coma outras especies do xénero, A. bisporus é saprófita. Preséntase en feixes ou fatos apertados, o que fai que a produción por m² sexa elevada. Cultívase polo xeral sobre compost, no que se inocula o micelio, normalmente usando grans de trigo estériles recubertos de hifas do fungo.
O champiñón común ten un sabor neutro e delicado, cun recendo lixeiramente a noz nos exemplares máis maduros. É popular en gastronomía, incluso en Galiza, e de escaso rendemento calórico, contendo arredor de 20 calorías cada 100 gramos. É relativamente rico en fibra alimentaria, así como en vitamina B6, vitamina C, vitamina D, potasio e niacina. É utilizado na elaboración de pizzas, revoltos, tortillas etc.
O basónimo de A. bisporus é Psalliota hortensis f. bispora J.E. Lange, 1926. Son tamén sinónimos os nomes científicos a seguir:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.