From Wikipedia, the free encyclopedia
O pé azul[1] (Clitocybe nuda (Bull.) H.E.Bigelow & A.H.Sm., frecuentemente nomeada na bibliografía galega polo seu sinónimo Lepista nuda Fr. ex Bull.[2]) é un cogomelo dunha cor espectacularmente azul ou violeta escura, saprófita que medra en solos con abundante humus. É comestíbel cociñada, mais en cru pode producir gastroenterite ou outras reaccións nalgúns individuos.[3]
Pé azul | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Wood blewit (Clitocybe nuda) | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Clitocybe nuda (Bull.) H.E.Bigelow & A.H.Sm. (1969) | |||||||||||||||
Sinonimia[Cómpre referencia] | |||||||||||||||
Agaricus nudus Bull. (1790) |
Posúe un chapeu de 5 a 15 cm, marrón, azul ou violeta e a súa forma pode ser dende convexa a achatada, coa marxe enrolada. A cutícula de cor azul ou violeta coas lamelas moi finas e apertadas, que se desprenden facilmente do resto do chapeu. Pé de forma cilíndrica, de cor azulada fibrada e con base bulbosa. As esporas son de cor rosa.
Medra en solos con abundante humus, sendo un dos cogomelos máis serodios do outono. Chega a medrar en inverno e primavera. Forma ás veces grandes grupos ou circunferencias en bosques de frondosas e de coníferas, xardíns, beirís dos camiños e carreiros ou en leiras fértiles ou ermas.
A carne é feble e tenra, cun recendo e sabor agradábeis, porén velenoso en cru.
Pódese confundir con cogomelos violetas do xénero Cortinarius, non comestíbeis e de cheiros desagradábeis a: mofo, terra, ouriños ou pólvora.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.