numismático austríaco From Wikipedia, the free encyclopedia
Michael Alram, nado o 18 de abril de 1956 en Viena, é un numismático austríaco especializado na moeda da Antigüidade.[1][2][3]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 16 de abril de 1956 Viena, Austria |
País de nacionalidade | Austríaca |
Educación | Universidade de Viena |
Q89547790 | Estudos de numismática antiga. |
Actividade | |
Campo de traballo | Numismática |
Ocupación | numismático, profesor universitario |
Empregador | Universidade de Viena |
Membro de | |
Premios | |
Véxase a sección "Recoñecementos". |
En 1974 comezou os seus estudos de Arqueoloxía Clásica, de Numismática Ántiga e de Historia Antiga na Universidade de Viena, onde acadou o doutoramento en 1982,[2] baixo a dirección de Robert Göbl e Manfred Mayrhofer, coa tese titulada Materialgrundlagen zu den iranischen Personennamen auf antiken Münzen: achaimenidische Satrapen, Persis, Sakas und Pahlavas ("Fundamentos materiais dos nomes de persoa iranianos en moedas antigas: sátrapas, aqueménidas, Persis, Sakas e Pahlavas").[3]
Entre 1977 e 1982 actuou como colaborador da comisión iraniana da Academia Austríaca das Ciencias no proxecto de investigación Iranische Personennamen auf antiken Münzen ("Nomes de persoa iranianos en moedas antigas") no marco do Iranischen Personennamenbuch ("Libro dos nomes de persoa iranianos"). Desde 1982 é colaborador da comisión numismática da Academia Austríaca das Ciencias.[2][3]
Tamén en 1982, accedeu ao posto de lector no Instituto de Numismática da Universidade de Viena, onde en 1987 obtivo a habilitación como docente universitario de Numismática e Historia Monetaria.[2][3]
En 1987 foi nomeado conservador do gabinete numismático (Münzkabinett) do Kunsthistorisches Museum de Viena, onde se encargou das moedas bizantinas, medievais e orientais. En 2001 accedeu ao posto de subdirector do gabinete e en 2008 foi nomeado director.[2][3][4]
Desde 1998 é membro correspondente e desde 2003 membro efectivo da Clase Filosófico-Histórica da Academia Austríaca das Ciencias, e o 19 de abril de 2013 foi elixido vicepresidente da Academia por un período de catro anos.[1][2][3] En abril de 2017 foi confirmado por un novo período, ata o 30 de xuño de 2022.[5]
Alram é, desde 2015, o presidente do Consello Internacional de Numismática.[3][6] Con anteriordidade xa ocupara o cargo de secretario desta institución durante o período 2009-2015.[2]
Tamén forma parte do consello editorial da Sociedade Suíza de Numismática, que edita, entre outras publicacións, a prestixosa revista Schweizerische Numismatische Rundschau.[7]
Esta é unha escolma das publicacións numismáticas máis salientables de Michael Alram ao longo da súa traxectoria académica:[1][17]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.