Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
A mesquita Azul ou mesquita do sultán Ahmed (en turco: Sultanahmet Camii) é unha mesquita otomá de Istambul, Turquía. Foi construída entre 1609 e 1616 e está situada no barrio de Eminönü, no distrito de Fatih en fronte da Igrexa de Santa Sofía da cal se encontra separada por un fermoso espazo axardinado. É a única mesquita de Istambul que posúe seis minaretes. A mesquita Azul é un triunfo en harmonía, proporción e elegancia. Construída nun estilo clásico otomán, o seu magnífico exterior non fai sombra a seu suntuoso interior. Unha verdadeira sinfonía de belos mosaicos azuis de Iznik dan a este espazo unha atmosfera moi especial. A mesquita foi revestida con azulexos azuis e posúe ricos vidreiras tamén do mesmo ton. Non hai figuras no interior da mesquita pois os musulmáns non adoran imaxes.
Mesquita Azul | |
---|---|
Vista da Mesquita Azul. | |
Datos xerais | |
País | Turquía |
Tipo | Mesquita |
Localización | Istambul, Turquía |
Coordenadas | 41°00′19″N 28°58′37″L |
Culto | |
Culto | Islam |
Arquitectura | |
Construción | 1609-1617 |
Arquitectos | Sedefkâr Mehmet Ağa |
Estilo | Islámico |
Páxina web | http://www.bluemosque.co/ |
[ editar datos en Wikidata ] |
Os emperadores Bizantinos construíron un gran palacio onde se atopa hoxe a mesquita Azul. En 1606 o sultán Ahmed I quixo construír unha mesquita maior, mais impoñente e mais bonita do que a Igrexa de Santa Sofía. As mesquitas xeralmente eran construídas cunha finalidade de servizo público. Existían diversos predios ao lado da mesquita Azul que inclúen: escola de teoloxía, unha sauna turca, unha cociña que fornecía sopa aos pobres, e tendas (o Bazar Arasta), cuxas rendas se destinaban a financiar o complexo.
O deseño da mesquita Azul é a culminación de dous séculos de evolución da igrexa bizantina e a mesquita otomá. Mestura elementos bizantinos da achegada ‘’Hagia Sophia’’ (Snata Sofía) coa arquitectura islámica tradicional, sendo considerada a última gran mesquita do período clásico otomán. O arquitecto logrou sintetizar as ideas do seu mestre, Sinan, en canto ao impresionante tamaño, o maxestático e o esplendor; porén, non acadou aplicar a súa creatividade no interior.
Mehmet Paşa empregou grandes cantidades de materiais, especialmente pedra e mármore, o que fixo que se esgotasen as existencias para outras obras importantes. O trazado da mesquita é irregular, xa que o arquitecto tivo que se adaptar ás restricións da localización. A fachada principal, que serve de entrada ao edificio, atópase fronte ao hipódromo. O arquitecto baseouse na mesquita Sehzade (1543-1548) de Istambul, a primeira obra a grande escala de Sinan. Conta cun sistema ascendente de cúpulas e semicúpulas (cúpulas sobre pendentes), cada unha delas apoiadas en tres exedras, que remata nunha gran cúpula central, de 23,5 m de diámetro e 43 m de alto no centro. As cúpulas acougan en catro enormes piares que lembran os da mesquita de Selim, en Edirne, obra tamén de Sinan. É evidente que Mehmet Paşa coidou de abondo na marxe de seguranza das columnas, xa que prexudicou as elegantes proporcións da cúpula. Estas "patas de elefante" constan de varios sucos convexos no mármore da base, mentres que a metade superior está pintada, separada da inferior mediante unha fita con inscricións douradas. Dende o patio, o perfil da mesquita resalta pola velaíña sucesión de cúpulas e semicúpulas. O efecto xeral do exterior é de harmonía visual, dirixindo a vista cara ao cumio da cúpula central. A fachada da entrada construíuse do mesmo xeito cá da mesquita de Süleymaniye, agás as das pequenas torres das cúpulas das esquinas. O patio é case tan grande como a propia mesquita e áchase arrodeado por unha galería continua (revak). Conta con espazo para a ablución en ambos os catro lados. A fonte hexagonal que se atopa no centro é relativamente miúda comparada coas dimensións do patio. A monumental porta de acceso ao patio elévase dende a galería. A súa semicúpula conta cunha delicada estrutura en forma de estalactitas, coroada por unha pequena cúpula nervada sobre un tambor de grande altura. Da parte superior da entrada oeste ao patio pendura unha pesada cadea de ferro. Só o sultán podía pasar ao patio da mesquita da cabalo, polo que a cadea servía para que o sultán tivese que se inclinar cada vez que entraba no patio, aceno simbólico de humildade perante Alá.
Na parte inferior e en cada piar, o interior da mesquita está revestido con máis de 20.000 azulexos de cerámica feitos a man, fabricados en İznik (a antiga Nicea) con máis de cincuenta deseños diferentes de tulipáns. Os azulexos dos niveis inferiores contan cun deseño tradicional, mentres que os das galerías contan cun deseño máis rechamangueiro, con representacións de flores, froitas e alciprestes. O azulexado levouse a cabo baixo a supervisión do mestre ceramista Kaşıcı Hasan, de İznik, e Mustafa Mersin Efendi, de Avanos. O diñeiro que podían gastar os construtores nos azulexos estaba fixado mediante decreto do sultán; ocorreu que o prezo dos azulexos aumentou co paso do tempo, polo que os azulexos dos últimos anos eran de menor calidade, perdendo intensidade nas cores co paso do tempo (por exemplo os vermellos tornáronse marróns e os verdes en azuis, collendo ademais manchas brancas; ademais o vidrado perdeu o brillo. Os azulexos da terraza traseira proveñen do harén do Palacio de Topkapı, cando o serrallo se incendiou en 1574. Os niveis superiores do interior están dominados polas pinturas de cor azul, todas elas dunha calidade pobre. A luz natural entra a través de máis de 200 vidreiras de complexos deseños, ao tempo que diversas lámpadas de araña fornecen luz adicional. Nas lámpadas hai ovos de avestruz que se colocaron para evitar que as arañeiras na mesquita.[1] A decoración inclúe versos do Corán, moitos deles realizados por Seyyid Kasim Gubari, considerado o mellor calígrafo da súa época. O han fica cuberto con tapices que doan os fieis e que se substitúen a medida que se lúen. As numerosas e amplas xanelas aportan á mesquita a sensación dun maior espazo interior. As fiestras da parte inferior están decoradas con opus sectile. Cada exedra conta con cinco xanelas, algunhas delas cegas. Cada semicúpula ten 14 fiestras e a cúpula central, 28 (catro delas, cegas). As vidreiras das fiestras foron un agasallo da Signoria de Venecia ao sultán. A meirande parte das vidreiras substituíronse por versións modernas de pouca importancia.
O elemento máis importante do interior da mesquita é o mihrab, de mármore finamente esculpido, cun nicho e un panel duplo con inscricións. As paredes adxacentes están cubertas de azulexos. Porén, as numerosas xanelas arredor do mihrab fano menos espectacular. Á dereita do mihrab atópase o minbar, onde o imán se coloca cando dirixe o sermón durante o rezo dos venres ou nas festividades. A mesquita está deseñada de tal xeito que cando estea chea todos poidan ouvir e ver o imán. El Pavillón Real atópase na esquina sueste. Consta dunha plataforma, unha loxia e dous pequenos cuartos reservados. A través deles accédese á sala real da galería superior sueste da mesquita. Estes cuartos convertéronse na sede do Gran Visir durante a supresión do corpo de Xanízaros en 1826. A sala real (hünkâr mahfil) conta con dez columnas de mármore e o seu propio mihrab, decorado no pasado cunha rosa de xade e ouro[2] e cen Coráns sobre atrís dourados e con incrustracións.[3] No pasado, as numerosas lámpadas que alumaban o interior estaban cubertas de ouro e xemas.[4] Entre as lámpadas de cristal, atópanse ovos de avestruz e bólas de cristal.[5] Todos estes enfeites foron retirados ou levados aos museos. As campas das paredes teñen os nomes dos califas e versos do Corán, gravados inicialmente polo calígrafo Ametli Kasım Gubarım (século XVII), aínda que se teñen restaurado en diversas ocasións.
A mesquita Azul é unha das dúas mesquitas de Turquía que contan con seis minaretes, xunto con Adana. Cando se soubo o número de minaretes que tería a mesquita, criticouse o sultán por presuntuoso, xa que, naquel momento, era o mesmo número de minaretes que a mesquita da Kaaba, na Meca. O sultán arranxou o problema construíndo un sétimo minarete na mesquita da Meca. Catro dos minaretes atópanse nas esquinas da mesquita. Son estriados e con forma de lapis, e contan con tres socalcos (ṣerefe) con ménsulas, mentres que os outros dous, ao final do patio dianteiro, só teñen dous socalcos sen canzorros.
Até hai pouco tempo, o muecín tiña que subir mediante unha estreita escaleira de caracol cinco veces ao día para chamar á oración. Hoxe en día, utilízante altofalantes e a chamada pódese ouvir na parte antiga da cidade grazas a outras mesquitas achegadas.
A mesquita segue a ser un edificio relixioso e de oración musulmá. Entrar na mesquita é posíbel e de balde, respectando un horario para as visitas turísticas. Ao entrar na mesquita cómpre tirar os zapatos. Pantalóns curtos, minisaias, bermudas ou camisetas sen mangas non son recomendados. Os funcionarios da mesquita fornecen unha especie de mantelo para cubrir as partes do corpo como sinal de respecto á relixión musulmá, ademais duns protectores hixiénicos para os pés. A visita aos non musulmáns non permite percorrer todo o edificio, só unha parte está habilitada.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.