Map Graph

Mesquita Azul

A mesquita Azul ou mesquita do sultán Ahmed é unha mesquita otomá de Istambul, Turquía. Foi construída entre 1609 e 1616 e está situada no barrio de Eminönü, no distrito de Fatih en fronte da Igrexa de Santa Sofía da cal se encontra separada por un fermoso espazo axardinado. É a única mesquita de Istambul que posúe seis minaretes. A mesquita Azul é un triunfo en harmonía, proporción e elegancia. Construída nun estilo clásico otomán, o seu magnífico exterior non fai sombra a seu suntuoso interior. Unha verdadeira sinfonía de belos mosaicos azuis de Iznik dan a este espazo unha atmosfera moi especial. A mesquita foi revestida con azulexos azuis e posúe ricos vidreiras tamén do mesmo ton. Non hai figuras no interior da mesquita pois os musulmáns non adoran imaxes.

Read article
Ficheiro:Ac-sultanahmed1.jpgFicheiro:Blue_mosque_Istanbul_2007.jpgFicheiro:Blue_mosque_Istanbul_2007_Roof.jpgFicheiro:Sultan_Ahmed_Mosque-Blue_Mosque-at_dusk.JPG