Menendo III Nuniz (orixinalmente Menendus Nunniz[Notas 1][1] e en portugués Mendo ou Menendo Nunes), morto o 24 de decembro de 1054, foi un nobre galego, duque e sexto conde do condado portucalense, descendente de Vímara Pérez como fillo do conde Nuno I Aloitiz e da condesa Ilduara Méndez.[2][3]

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Modelo:BiografíaMenendo III Nuniz
Biografía
Nacementoséculo XI Editar o valor en Wikidata
Morte1050 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Conde de Portucale
1043 – 1054
 Ilduara MenendizNuno II Menendiz  Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloConde Editar o valor en Wikidata
FillosNuno II Menendiz Editar o valor en Wikidata
PaisNuno I Aloitiz Editar o valor en Wikidata  e Ilduara Menendiz Editar o valor en Wikidata
Pechar

Traxectoria

Era menor en 1028, cando morreu o seu pai, e gobernaba o condado baixo a tutela da súa nai Ilduara.[2][3] Menos dunha década despois, en 1037 Fernando I accedeu ao trono tras derrotar e matar ao seu cuñado Vermudo III na batalla de Tamarón.[3] O rei conseguiu isto principalmente convertendo os condados en tenencias non hereditarias e aproveitando todas as oportunidades que se presentasen para nomear novos gobernadores.[3] O rei fíxoo paulatinamente, rexión por rexión, para non antagonizar á poderosa nobreza do reino e do condado portucalense que estaban emparentados co conde Menendo que tamén era primo da súa muller, a raíña Sancha I.[3][Notas 2]

En vida do conde Menendo, o rei comezou a nomear membros da nobreza menor para cargos administrativos, como Gómez Ectaz, que exercía a autoridade na rexión de Guimarães, e Diogo Tructesíndez como xuíz, ambos reportando directamente ao monarca. Esta práctica xeneralizouse despois da morte de Menendo co rei nomeando aos membros das clases baixas da nobreza para cargos administrativos, con diversos títulos como vigairo ou gobernador, por exemplo, Gutino Veniegas testemuñou en 1062 como gobernador de Portugal:

Gutinus Veniegas, qui tenebat illa terra de Portugale de ille rex.[3]

Anos máis tarde, a neta de Menendo, Loba Nuniz, casou con Sisnando Davídiz,[2] un mozárabe foráneo e que non era membro da nobreza local,[4] que foi nomeado gobernador do condado de Coímbra polo rei Fernando e que nunca se chamou a si mesmo conde senón alvasil (visir) ou cónsul.

Ao redor de 1043 tivo algún conflito territorial con Ordoño Romáriz e houbo algún enfrontamento entre os dous nobres. O suceso foi xulgado e nun documento con data de decembro de 1043, Menendo Nuniz foi premiado con diversas propiedades, como a vila de Silvares, que posteriormente doou ao mosteiro de Guimarães. Nesa carta identifícase como: "Menendus dux magnus prolix Nunus et Ilduare" e asina como "Menendus dux magnus in hoc testamentum manu mea confirmo".[1]

O 15 de maio de 1050, nun documento do mosteiro de Celanova, é citado como dux en Galiza xunto con Velasco Almeiuz.[5] A súa última aparición documental é do ano 1053 cando se citan posesións do dux Menindo Nunniz nun documento.[1]

Data da morte

A data da morte do conde Menendo é incerta debido a unha confusión con outro conde contemporáneo, Mendo Luz, así como a data incorrecta rexistrada nos Annales Portugalenses Veteres:[2]

Era MLXXII occisus fuit comes Menendus inripa Guetanie.

É dicir, Menendo foi asasinado na era MLXXII (ano 1034) no río Guetania (afluente do Miño).[3] O historiador José Mattoso considera que o ano da súa morte, probablemente violento, foi 1050 e como moi tarde ata 1053,[2] mentres que Alfonso Sánchez Candeira, opina que Menendo morreu o 24 de decembro de 1054.[3]

Familia

Non se coñece o nome da súa muller pero tivo un fillo:

Máis información Aristocracia galega ...
Menendo III Nuniz
Nacemento: século XI Falecemento: 24 de decembro de 1054
Aristocracia galega
Precedido por
Ilduara Menendiz (rexente)
Conde de Portucale
1043 - 1054
Sucedido  por
Nuno II Menendiz
Pechar

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.