From Wikipedia, the free encyclopedia
A medula espiñal é a continuación do encéfalo desde o foramen magnum occipital, ó nivel da decusación das pirámides do bulbo raquídeo, ata a rexión lumbar. Alóxase no conduto vertebral. No ser humano é un cordón nervioso cunha lonxitude que non coincide coa da columna vertebral. No corpo humano adulto a medula espiñal chega aproximadamente ata a vértebra lumbar L1, aínda que no nadón pode chegar ata a L3 e ten forma case cilíndrica (a medida que a medula se separa do bulbo raquídeo adquire forma máis cilíndrica); a partir dese nivel a medula continúa formando un filamento delgado chamado filamento terminal, que está unido ao cóccix. En realidade é un tanto aplanada, aínda conservando a súa forma cilíndrica, o seu diámetro é lixeiramente maior nas rexións cervical e lumbar, principalmente debido ao incremento do número de neuronas e axóns nestas rexións para a innervación dos moitos músculos dos membros superiores e inferiores[1].
Medula espiñal | |
---|---|
A medula espiñal (en amarelo) conecta o cerebro cos nervios por todo o corpo. | |
Latín | Medulla spinalis |
A medula espiñal é a encargada de levar os impulsos nerviosos desde as diferentes rexións do corpo cara ó encéfalo, e do encéfalo ós segmentos distais do corpo, aspecto dunha grande importancia clínica. Tamén se encarga de controlar as actividades motoras involuntarias mediante o chamado acto reflexo. Ademais transmite información do sistema nervioso simpático e parasimpático.
Polo nome pode confundirse coa medula ósea aínda que sexan totalmente distintas. Esta última fabrica as células sanguíneas e non ten ningunha función nerviosa. Tampouco se debe confundir coa espiña dorsal, que é outro nome que se lle dá á columna vertebral.
A medula espinal considérase o tecido nervioso máis extenso do corpo humano, podendo alcanzar ata un metro de longo. A súa rexión máis interna está composta pola substancia gris, que nun corte transversal obsérvase en forma de "H". A periférica está composta pola substancia branca, que forma feixes de fibras que transportan a información. Está dividida en segmentos; así, os nervios espinais quedan emprazados en oito cervicais, doce torácicos, cinco lumbares, cinco sacros e un coccíxeo. Cada segmento ten dous pares de raíces (dorsais e ventrais) situados de forma simétrica na parte dorsal e ventral.
Presenta dous engrosamentos: C3 a T2 intumescencia cervical: este engrosamiento débese ás raíces de nervios que van transmitir sensibilidade e acción motora cara a e desde os membros superiores (brazo, antebrazo e man). T11 a L1 intumescencia lumbosacra: débese ás raíces de nervios que permiten transmitir a sensibilidade e acción motora cara a e desde os membros inferiores (coxa, perna e pé).
A medula espiñal recibe sangue das arterias espiñais derivadas das ramas das arterias máis grandes que provén cada cada rexión da liña media do corpo. Estas arterias principais son:
Unha única arteria espiñal anterior e dúas arterias espiñais posteriores orixínanse intracranialmente das arterias vertebrais, discorren lonxitudinalmente ao longo da medula e anastomósanse segmentariamente en cada rexión con arterias medulares segmentarias. A maior destas ramas segmentarias é a arteria medular segmentaria maior (de Adamkiewicz), que se acha na parte inferior da rexión torácica ou na parte superior da rexión lumbar; supón a principal achega de sangue para os dous terzos inferiores da medula espiñal. As raíces dorsais e ventrais están irrigadas por arterias radiculares segmentarias[1][2].
Ao longo da medula discorren múltiples veas espiñais anteriores e posteriores que drenan en veas radiculares segmentarias. As veas radiculares reciben tributarias das veas vertebrais internas que discorren por dentro do conduto vertebral. As veas radiculares drenan despois en veas segmentarias, que finalmente recollen o sangue nas seguintes localizacións:
Nun corte transversal obsérvase unha substancia gris central e unha substancia branca periférica. A substancia gris está composta principalmente por neuronas e células de sostén (neuroglía). Presenta dúas hastas grises anteriores e dúas hastas grises posteriores unidas pola comisura gris. Esta comisura gris ten no seu centro o conduto ependimario ou epéndimo medular, que a divide nunha comisura gris anterior e posterior. A nivel torácico e lumbar tamén aparecen as hastas grises laterais que corresponden ós somas das neuronas que forman o sistema nervioso autónomo simpático ou toracolumbar. Algúns autores denominan a este conduto ependimario o V ventrículo.
As funcións da medula son basicamente sete:
A lesión da medula causa un ou varios dos seguintes síntomas-signos:
O grao de compromiso depende do grao do dano: pode tratarse dunha lesión completa (se se observan todos os síntomas-signos indicados) ou dunha lesión incompleta se só presenta uns dos síntomas ou todos pero en forma parcial (por exemplo, parálise parcial e non total).
En clínica é moi importante coñecer o nivel medular afectado. Para poder comprender a relación entre segmento medular afectado e nivel de parálise producida hai que recordar que o óso, a diferenza das células nerviosas, teñen un crecemento posterior ao desenvolvemento do que é o tubo nervioso ou medula.
O dano das vértebras C4 a C7 provoca parálises que inclúe as catro extremidades, a afectación a nivel do D11 provoca parálise das extremidades inferiores. Para comprender o nivel da lesión e o dano ocasionado hai que ter en conta o desacoplamento na velocidade de desenvolvemento entre o sistema nervioso e o sistema óseo.
As afectacións óseas van comprimir distintas raíces da medula espiñal unha boa hixiene postural é necesaria para evitar complicacións a longo prazo; aínda así, moitas destas alteracións teñen unha base xenética ou son provocadas por accidentes de difícil prevención.
A lesión vértebromedular, cando é completa, require fixación cirúrxica de columna realizada por profesional cirúrxico especializado; se a lesión afecta só ó óso, a intervención pode ser exitosa. Se está danado o nervio, ou é danado na intervención, vai ser moi importante a valoración de déficit de autocuidados e o desenvolvemento dun plano integral de coidados deseñado habitualmente por profesionais da enfermaría e que vai abarcar outras disciplinas, tanto sanitarias como sociais.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.