director de cinema francés From Wikipedia, the free encyclopedia
Marcel Carné, nado en París o 18 de agosto de 1906[1] e finado en Clamart (Altos do Sena) o 31 de outubro de 1996 foi un director de cinema francés. Foi unha figura clave do movemento do realismo poético.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de agosto de 1906 París, Francia |
Morte | 31 de outubro de 1996 (90 anos) Clamart, Francia |
Lugar de sepultura | Saint-Vincent Cemetery (en) |
Actividade | |
Ocupación | director de cinema, crítico de cinema, crítico de arte, guionista, realizador |
Obra | |
Obras destacables
| |
Arquivos en | |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | French-language art critics bibliographies (en) Obálky knih, Armenian Soviet Encyclopedia, vol. 5 (en) , (p.272) |
Páxina web | marcel-carne.com |
|
Carné era fillo dun ebanista, e a súa nai finou cando el tiña cinco anos.[2] A súa carreira comezou como crítico de cinema, chegando a ser editor no semanario Hebdo-Films,[3] e traballando para Cinémagazine e Cinémonde entre 1929 e 1933.[4] Na mesma época traballou como axudante de cámara de Jacques Feyder, debutando como director coa curtametraxe Nogent, Eldorado du dimanche (1929).
Feyder aceptou unha invitación de Alexander Korda para traballar en Inglaterra e fixo posible que Carné tomase o seu proxecto e dirixise Jenny (1936).[4] O filme iniciou a súa colaboración co guionista e poeta surrealista Jacques Prévert. Esta relación durou máis de doce anos e se envolveron no realismo poético.
Durante a ocupación alemá de Francia na segunda guerra mundial traballou na zona de Vichy onde sorteou os intentos de control artístico por parte do réxime; algúns dos membros do seu equipo eran xudeus, como Joseph Kosma e Alexandre Trauner e o propio Carné era abertamente homosexual. Baixo condicións difíciles dirixiu o seu filme máis recordado, Les enfants du paradis (1945) estreado trala liberación de Francia.
Na década de 1950 a sona de Carné baixara e os críticos de Cahiers du cinéma desprezárono, dándolle os méritos dos seus filmes só a Prévert.[5] Á parte do éxito de 1958 Os mentireiros, os filmes de posguerra de Carné foron unha serie de fracasos.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.