María do Carme Kruckenberg Sanjurjo , nada en Vigo o 3 de xuño de 1926 e finada na mesma cidade o 16 de maio de 2015 ,[1] foi unha escritora galega.
Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Pechar
Foi filla da galega Josefina Sanjurjo de Oza e do mexicano de orixe alemá Gustavo Kruckenberg Sartorius , afiliado á Falange Española en 1932.[2] Bautizárona na concatedral de Santa María de Vigo , cos nomes de María del Carmen Josefina Margarita Beatriz.[3] En febreiro de 1938 participou como actriz na estrea a obra de teatro de Álvaro Cunqueiro Érase una vez... [4] .
Estudou pola súa conta idiomas, historia, ciencias, literatura etc., converténdose nunha autodidacta. Viviu na Arxentina de 1949 a 1953 , onde coñeceu moitos escritores galegos emigrados e arxentinos. De novo en Madrid , participou nas reunións do Café Gijón. Posteriormente, tras volver a Galicia, traballou como delegada científica nos Laboratorios Servier.
Autora de contos e tradutora, colaborou con diversas revistas e diarios, sobre todo en Faro de Vigo .
En 2006 foi nomeada socia de honra da Asociación de Escritores en Lingua Galega , entidade da que foi vicepresidenta. En 1999 dedicóuselle unha praza en Vigo.
Monumento en homenaxe a María do Carme Kruckenberg en Vigo .
Poesía
Cantigas do vento , 1956 , Alba, Vigo.
Canaval de ouro , 1962 , Colección Salnés , Galaxia .
Cantigas de amigo a Ramón González Sierra , 1972 , Noroeste, Vigo.
A sombra ergueita , 1976 , Edicións Castrelos.
Cantigas para un tempo esquecido , 1986 , Ediciós do Castro .
Alegoría do ensoño ferido , 1992 , Ediciós do Castro.
XXI poemas nun grido de luz , 1997 , Iniciativas Gutenberg.
Meditacións á beira da noite , 1997, Iniciativas Gutenberg.
O ratiño do pazo , 1998 , Iniciativas Gutenberg.
Vivir, aventura irrepetible , 1998, Iniciativas Gutenberg, edición bilingüe galego-castelán.
Jazz espido , 1999 , Ediciós do Castro.
Poemas sen resposta , 1999, Espiral Maior .
Obra poética case completa , 2000 , Ediciós do Castro.
A pulga garimosa , 2000, edición da autora.
Lembranzas da beleza triste , 2003 , Espiral Maior.
A rapaza da frauta , 2003, edición da autora.
Luz para un novo amencer , 2004 , Ediciós do Castro, edición bilingüe galego-castelán.
As complexas mareas da noite , 2006 , Espiral Maior.
Os límites do arreguizo , 2008 , Espiral Maior.
A voz da auga , 2010 , Barbantesa .
O enigma do segredo , 2011 , Barbantesa.
Jazz espido un e dous , 2011, Barbantesa.
Narrativa
O paxariño de Sevilla , 1998 , Iniciativas Gutenberg.
Historias na memoria , 1999, Unión Comarcal de CCOO de Vigo.
O morto asasinado e outros contos , 2018 , Galaxia. Edición de Mercedes Queixas.
Obras colectivas
I Festival de Poesía no Condado (1981 , S. C. D. Condado).
VI Festival da Poesía no Condado (1986, S. C. D. Condado).
VII Festival da Poesia no Condado , 1987 , S. C. D. Condado.
VIII Festival da Poesia no Condado. Escolma Poética , 1988, S. C. D. Condado.
IX Festival da Poesia no Condado. Escolma Poética , 1989 , S. C. D. Condado.
XIII Festival da Poesia no Condado , 1993 , S. C. D. Condado.
XIV Festival da Poesia no Condado , 1994 , S. C. D. Condado.
Daquelas que cantan. Rosalía na palabra de once escritoras galegas , 1997 , Fundación Rosalía de Castro .
Novo do trinque , 1997, BNG .
María do Carme Kruckenberg e tres poetas medievais da ría de Vigo: Martín Codax , Mendiño , Johán de Cangas , Union Comarcal de CCOO de Vigo, Concello de Vigo e Deputación de Pontevedra.
Alma de beiramar , 2003 , AELG .
Elas 2: antoloxía poética , 2003, Unión Comarcal de CCOO de Vigo.
Intifada. Ofrenda dos poetas galegos a Palestina , 2003 , Fundación Araguaney.
Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra , 2003, Espiral Maior.
23 poetas cantan a don Antonio Machado , 2004 , Hipocampo.
Elas 3: antoloxía poética , 2004, Unión Comarcal de CCOO de Vigo.
Poemas de amor. Xeración dos 50 , 2004, Tórculo. Por Maximino Cacheiro Varela.
Xela Arias , quedas en nós , 2004, Xerais.
Amor en feminino: antoloxía das poetas galegas de Rosalía á Xeración dos 80 , 2006 , Baía Edicións . Edición de Maximino Cacheiro Varela.
Poetas con Rosalía , 2006, Fundación Rosalía de Castro.
Poetas e Narradores nas súas voces. II , 2006, Consello da Cultura Galega .
Vanakkam/Benvidas , 2007 , Implicadas/os no Desenvolvemento.
A Coruña á luz das letras , 2008 , Trifolium.
Elas 7: antoloxía poética , 2008, Unión Comarcal de CCOO de Vigo.
Actas do Congreso Manuel María . Literatura e Nación , 2009 , Fundación Manuel María.
Elas 9: antoloxía poética , 2010 , Unión Comarcal de CCOO de Vigo.
To The Winds Our Sails , 2010, Salmon Poetry. Tradución do galego ao inglés.
Tamén navegar , 2011, Toxosoutos .
Poesía
Las palabras olvidadas , 1953 , Buenos Aires .
Los parajes inmóviles , 1956 , Noroeste, Vigo.
Rumor de tiempo , 1957 , Noroeste, Vigo.
Farol del Aire , 1958 , Noroeste, Cuba.
Poemas inevitables , 1960 , Faro de Vigo . Publicados en galego en 1996 polo Concello de Vigo.
Poemas y canciones de aquí y de allí , 1962 , edición da autora, Bilbao .
Tauromaquia en linea y verso , 1964 , Noroeste, Vigo.
Memoria de mi sueño , 1969 , Noroeste, Vigo.
Cantares de mi silencio , 1980 , edición da autora.
20 poemas rescatados del olvido y una elegía a Chuca Pereda , 1983 , edición da autora.
Narrativa
El nieto de la sirena , 1968 , Faro de Vigo.
Traducións
Cantos del 6.° Dalai Lama , 1968, Papeles de Son Armadans , Mallorca .
Trilogía española , de Rainer Maria Rilke . Con Ángeles Vázquez.
Navaza, T. (1990). "María do Carme Kruckenberg: ferida de amor estaba". Andaina. Revista galega de pensamento feminista (20): 31–34.