Maometto II
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
Maometto II (en galego, Mehmed II) é unha ópera en dous actos con música de Gioachino Rossini e libreto en italiano de Cesare della Valle, ambientado nos anos 1470 durante a época da guerra entre os turcos e os venecianos. Della Valle baseou o libreto nunha obra anterior súa, Anna Erizo. O nome do papel titular, Maometto II, refírese ao sultán turco otomán histórico, o gran conquistador de Constantinopla Mehmed II, quen viviu entre 1432 e 1481. Foi estreada o 3 de decembro de 1820 no Teatro San Carlo de Nápoles.
Mehmed II, personaxe no que se basea a ópera. | |
Forma | Ópera |
---|---|
Actos e escenas | 2 actos |
Idioma orixinal do libreto | Italiano |
Libretista | Cesare della Valle |
Fontes literarias | Anna Erizo (1820), de Cesare della Valle |
Estrea | 3 de decembro de 1820 |
Teatro da estrea | Teatro San Carlo |
Lugar da estrea | Nápoles |
Música | |
Compositor | Gioachino Rossini |
Personaxes | |
A ópera compúxose cando a carreira de Rossini comezouse a limitar a unha soa ópera por ano, e apareceu case un ano despois de Bianca e Falliero, aínda que lle sucedeu inmediatamente Matilde di Shabran.[1] Rossini comezou a compoñer a ópera en maio de 1820 para Nápoles, mais varios levantamentos políticos, que ameazaban o goberno do rei Fernando I, tiveron que estar o suficiente baixo control antes de permitir que continuara a actividade teatral e para que tivera lugar a primeira representación no Teatro San Carlo de Nápoles o 3 de decembro de 1820. Na estrea, o baixo Filippo Galli desempeñou o papel de Maometto II, Andrea Nozzari foi Paolo, Isabella Colbran súa filla Anna e Giuseppe Ciccimarra o nobre Condulmiero.
Mentres que "(a ópera) non gustou moito aos napolitanos",[2] "foi ben recibida cando Rossini a revisou en Venecia no Gran Teatro La Fenice en decembro de 1822."[2] En 1823 e 1824, Maometto II foi presentada en Viena e Milán e logo en Lisboa en 1826, pero logo se esqueceu debido a que "unha gran parte da súa partitura (foi adaptada) a un novo libreto en francés"[2] e representada en París o 9 de outubro de 1826 como Le siège de Corinthe, as guerras dos anos 1820 entre os gregos e os turcos eran daquela máis tópicos que aqueles entre os turcos e os venecianos da orixinal.[3]
Como Maometto II, a ópera desapareceu e, aínda que hoxe en día se representa raramente, reviviu polo Festival Rossini en Pésaro en 1985.[2] A primeira representación nos Estados Unidos tivo lugar o 17 de setembro de 1988, cando foi presentada na ópera de San Francisco.[3] Non hai referencias a ningunha produción no Reino Unido.[2]
Esta ópera rara vez se representa na actualidade, aparecendo nas estatísticas de Operabase con só 5 representacións no período 2005-2010.[4]
Personaxe | Tesitura | Elenco na estrea, 3 de decembro de 1820 (Director: Nicola Festa)[5] |
---|---|---|
Maometto II (Mehmed II) | baixo | Filippo Galli |
Paolo Erisso, xefe dos venecianos en Negroponte | tenor | Andrea Nozzari |
Anna, súa filla | soprano | Isabella Colbran |
Calbo, nobre veneciano | mezzosoprano ou contralto | Adelaide Comelli |
Condulmiero, nobre veneciano | tenor | Giuseppe Ciccimarra |
Selimo, nobre musulmán | tenor | Gaetano Chizzola |
Bizancio acaba de caer en mans dos turcos, e as tropas de Maometto II (o Sultán Mehmed II) están sitiando aos venecianos na cidade de Negroponte (Chalkida). O xove Calbo empurra a Paolo Erisso na loita pola defensa da cidade, mentres Condulmiero quere ceder. A filla de Erisso, Anna, casará con Calbo, como é o desexo do seu pai. Ela está, porén, nunha relación en segredo cun nobre descoñecido que coñeceu en Corinto. Os musulmáns rompen as defensas e Erisso e Calbo son feitos prisioneiros. Maometto chega e é recoñecido por Anna: el é o seu amante segredo. Erisso e Anna están horrorizados por esta repentina revelación. Anna ameaza con suicidarse se Maometto non libera a Erisso e Calbo, e, promételle unha vida de luxo, el accede.
Maometto declara o seu amor por Anna e lle ofrece o trono, mais ela o rexeita. Maometto parte para preparar outro ataque á cidadela, mais deixa o seu selo imperial de autoridade con ela para garantir a súa seguridade durante a súa ausencia. Anna únese a Erisso e Calbo, que están na clandestinidade. Erisso inicialmente rexeita á súa filla por confraternizar co inimigo, mais ela xúralle que nunca casará con el e entrégalle o selo de Maometto a Erisso, que lle permitirá a el e a Calbo saír do seu recuncho. Erisso casa a Calbo con Anna diante da tumba de súa nai, e os dous homes parten ao combate contra Maometto. En pouco tempo, Anna se decata de que Maometto foi derrotado por Erisso e escapou, mais agora a súa vida está en perigo, xa que el prometeu vinganza. Ela enfrontase a Maometto e os seus homes e, logo de revelar que lle deu o seu selo ao seu pai e casou con Calbo, apuñálase e morre na tumba da súa nai.
Ano | Elenco (Maometto, Anna, Calbo, Erisso) |
Director, Teatro de ópera e orquestra |
Sello discográfico[6] |
---|---|---|---|
1983 | Samuel Ramey, June Anderson, Margherita Zimmermann, Ernesto Palacio |
Claudio Scimone, Orquestra Philharmonia e Coro de Ópera Ambrosiano |
CD de son: Phillips Cat: 475 509-2 |
1985 | Samuel Ramey, Cecilia Gasdia, Lucia Valentini-Terrani, Chris Merritt |
Claudio Scimone, Orquestra Filharmónica de Praga e Coro do Festival Europeo (Gravación en vídeo dunha interpretación no Festival Rossini de Pésaro) |
DVD: Premiere Opera Cat: 5187 |
2005 | Lorenzo Regazzo, Carmen Giannattasio, Maxim Mironov, Annarita Gemmabella |
Claudio Scimone, Orquestra e Coro do Gran Teatro La Fenice (Gravación en vídeo dunha interpretación no Gran Teatro La Fenice de Venecia da versión interpretada naquel teatro en febreiro de 1822). |
DVD: Dynamic Cat: DV 33492 |
2008 | Michele Pertusi, Marina Rebeka, Daniela Barcellona, Francesco Meli |
Gustav Kuhn, Orquestra Haydn de Bolzano e Trento e Coro de Cámara Praga (Gravación duna interpretación no Arena Adriático, Pésaro, agosto) |
CD de son: Celestial Audio Cat: CA 831 |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.