From Wikipedia, the free encyclopedia
Bianca e Falliero, o sia Il Consiglio dei Tre (en galego, Bianca e Falliero, ou o Consello dos Tres) é unha ópera en dous actos con música de Gioachino Rossini e libreto en italiano de Felice Romani baseado na obra de Antoine-Vincent Arnault Les Vénitiens ou Blanche et Montcassin. Foi estreada o 26 de decembro de 1819 no Teatro alla Scala de Milán.
Forma | Ópera |
---|---|
Actos e escenas | 2 actos |
Idioma orixinal do libreto | Italiano |
Libretista | Felice Romani |
Fontes literarias | Antoine-Vincent Arnault, Les Vénitiens ou Blanche et Montcassin |
Estrea | 26 de decembro de 1819 |
Teatro da estrea | Teatro alla Scala |
Lugar da estrea | Milán |
Música | |
Compositor | Gioachino Rossini |
Localización da partitura | Archivio di Casa Ricordi (Milán) |
Personaxes | |
Bianca e Falliero é a ópera número 30 do catálogo rossiniano, ocupa unha posición particular, de fronteira ou punto intermedio na traxectoria do compositor: é a quinta e última do compositor para o Teatro alla Scala de Milán, teatro no que Rossini trabaxara, de xeito intermitente mais con notables resultados, dende La pietra del paragone de 1812 a La gazza ladra de 1817, pasando por Aureliano in Palmira e Il turco in Italia. A súa última achega ao repertorio do teatro milanés clausura unha etapa de oito anos (1812-1819) frenéticos, vertixinosos, de auténtica galera, durante os cales compuxo nada menos que 27 óperas dos xéneros máis diversos, innovando e experimentando coas formas, e creando un paradigma operístico que gravitou sobre a creación lírica italiana e europea ata ben avanzado o Romanticismo. Logo de Bianca e Falliero, composta para a inauguración da tempada milanesa do Carnaval de 1819-1820, a nova década será testemuña dunha diminución radical do esforzo creativo de Rossini, que ata a súa retirada dos escenarios con Guillaume Tell (1829) compuxo nada máis que nove óperas (e varias delas son en realidade óperas anteriores reformadas), a unha por ano, primeiro en Italia e, logo da paréntese viaxeira de 1824, finalmente en París.
Esquecida durante século e medio, a súa recuperación en Pésaro en 1986, nunha produción de Pizzi con Horne, Ricciarelli e Merritt, gravada en disco, non supuxo un paralelo relanzamento nos escenarios internacionais similar ao que tiveron outras obras rossinianas (aínda que en Pésaro foi reposta no ano 1989), a pesar de gozar dunha edición nova discográfica por parte de Opera Rara no ano 2000. Porén, aínda poden escoitarse algúns fragmentos de cando en vez, como o cuarteto do momento cume da obra Cielo, il mio labbro ispira, e se cadra a aria de soprano Della rosa il bel Vermiglio.[1]
Esta ópera case non se representa na actualidade, aparecendo nas estatísticas de Operabase cunha soa representación no período 2005-2010[2].
Personaxe | Tesitura | Elenco na estrea, 26 de decembro de 1819 (Director: -) |
---|---|---|
Bianca (filla de Contareno) | soprano | Violante Camporesi |
Capellio (senador) | baixo | Giuseppe Fioravanti |
Contareno (senador) | tenor | Claudio Bonoldi |
Costanza (enfermeira de Bianca) | soprano | Adelaide Ghinzani |
Falliero (xeneral de Venecia) | contralto | Carolina Bassi-Manna |
Priuli (dogo de Venecia) | baixo | Alessandro De Angeli |
Pisani | tenor | Francesco Antonio Biscottini |
Loredano (senador) | papel falado | |
Senadores, nobres, oficiais de xustiza, soldados, serventes |
Bianca ama a Falliero, un xove xeneral veneciano, mais seu pai prometeuna a Capellio. Bianca négase a asinar o contrato de voda, mais Falliero, que a apoiou, refúxiase na Embaixada Española, rompendo a lei de Venecia. Falliero debe ser xulgado polo consello de tres que figuran no título da ópera. Capellio, pai de Falliero e outro oficiall, percibe a sinceridade de Bianca, liberando a Falliero e rematando a ópera cun final feliz.[1]
A partitura de Rossini prevé a utilización de:
Para os recitativos:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.