antropólogo, periodista, poeta, novelista, dramaturgo e historiador galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Manuel Pascual Amor Meilán, nado na Coruña o 31 de xaneiro de 1867 e finado en Lugo o 9 de decembro de 1933, foi un antropólogo, periodista, poeta, novelista, dramaturgo e historiador galego.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 31 de xaneiro de 1867 A Coruña, España |
Morte | 9 de decembro de 1933 (66 anos) Lugo, España |
Actividade | |
Ocupación | antropólogo, novelista, dramaturgo, poeta, xornalista, historiador |
Membro de | |
Descrito pola fonte | Ensayo de un catálogo de periodistas españoles del siglo XIX (1903-1904), (sec:Amor Meilán (Manuel), p.16) |
Traballou como funcionario na Deputación de Lugo. Foi redactor e despois director durante vinte anos de El Regional, dirixiu a efémera La Ilustración Gallega e tamén dirixiu o xornal La Provincia. Colaborou noutras publicacións como La Ilustración Artística, Revista de España, La Ilustración Ibérica.
Investigou a existencia humana en covas (como a cova do Rei Cintolo de Mondoñedo) nas fases interglaciares cuaternarias, seguindo a investigación de José Villaamil Castro. Cría na orixe céltica de castros e mámoas, e opinaba que "modernas investigacións antropológicas certifican a raza alpina o céltica en Galicia", afirmación contida en Historia de la provincia de Lugo (1918). Outras obras inclúen a Geografía General del Reino de Galicia, xunto con numerosos artigos en galego e castelán en diversos xornais e publicacións, usando nalgún momento o alcume de Manuel Molina Mera.[1]
Tamén ten obra literaria. Foi un dos primeiros escritores en escribir novelas en galego, ademais de publicar numerosos relatos n' O Tío Marcos da Portela e outras publicacións.
Fundador da Real Academia Galega en 1905,[2] tamén foi membro da Academia de Belas Artes de San Fernando, da A.B.A. de Barcelona, da A.B.A. e Ciencias de Toledo e da Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.